DECRETO 316/2010
BASES PARA CONTRATAR UN/UNHA ADMINISTRATIVO/A MEDIANTE A MODALIDADE DE CONTRATO LABORAL TEMPORAL
1. OBXECTO E CONDICIÓNS DO CONTRATO
1.1. O obxecto da presente convocatoria é realizar a contratación laboral temporal dun/dunha administrativo/a para que preste os seus servizos no Concello da Baña, coas funcións que se recollen a continuación:
1.1.1. Apoio aos servizos de Tesourería e Intervención mediante a realización das funcións e tarefas que sexan encomendadas polas titulares dos postos anteriormente citados, entre as que se destacan as seguintes:
- Rexistro e control de facturas.
- Contabilización informatizada das operacións de ingresos e gastos.
- Control de subvencións e as súas xustificacións.
- Nóminas.
- Presentación de declaracións a Facenda.
- Realizar os documentos que integran o orzamento, as modificacións orzamentarias, a liquidación e a conta xeral.
1.2. A duración do contrato será por obra ou servizo.
1.3 A modalidade contractual será de obra ou servizo de duración determinada e a xornada laboral será de 40 horas semanais.
1.4 As retribucións estipuladas serán de 1100,00 euros brutos mensuais.
A dita contratación realizarase ao abeiro da normativa contida no Texto refundido da lei do estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, amparándose no disposto no Real decreto-lei 8/1997, do 16 de maio, no Real decreto-lei 5/2001, do 2 de marzo, de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo para o incremento de emprego e a mellora da súa calidade, de acordo co Real decreto-lei 5/2002, do 24 de maio e co artigo 21.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
2. CONDICIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES
2.1. Para participar no presente concurso os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
2.1.1. Ter nacionalidade española, sen prexuízo do sinalado no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.
2.1.2. Ter cumpridos os 18 anos de idade e non pasar a idade prevista para a xubilación forzosa.
2.1.3. Estar en posesión da titulación de bacharelato, FP2 ou equivalentes.
2.1.4. Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.
2.1.5. Non estar separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración pública nin estar inhabilitado para exercer a función pública por sentenza firme.
2.1.6. Non incorrer en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
2.2. O cumprimento dos requisitos entenderase referido á data de finalización do prazo para presentar solicitudes, de acordo co disposto no artigo 18.2 do R.D. 364/1995, do 10 de marzo.
3. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
3.1. As solicitudes para participar no proceso selectivo dirixiranse ao alcalde do Concello da Baña e presentaranse no Rexistro Xeral da casa do concello durante o prazo de 5 días naturais que hai que contar dende o día seguinte ao de publicar o anuncio nun xornal da zona de gran tirada.
3.2. Tamén poderán remitirse na forma estipulada no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3.3. Os/As candidatos/as deberán presentar no Rexistro Xeral do concello, no prazo indicado, o currículo e a documentación que o acredite, que será a seguinte:
3.3.1. A fotocopia autenticada do DNI ou do documento identificador.
3.3.2. A relación de méritos que alegue, enumerados segundo a orde establecida no apartado de méritos, xunto coa documentación que os acredite, en orixinal ou en fotocopia compulsada. Non se terán en conta aqueles méritos que non aparezan debidamente documentados (titulación académica, experiencia profesional e cursos realizados, que se xustificarán cos correspondentes diplomas).
3.3.3. A experiencia profesional deberá xustificarse:
- O traballo por conta allea con contratos de traballo e/ou recibos de salarios, coa vida laboral expedida pola Seguridade Social sempre que poida acreditarse a categoría profesional desempeñada e calquera outro documento fidedigno que acredite a dita experiencia profesional.
- Os/As traballadores/as autónomos/as coa alta no imposto de actividades económicas xunto co último recibo ou documento que os exima da devandita obriga.
3.4. Os traballadores no estranxeiro coa certificación oficial na que conste a profesión desempeñada e os períodos traballados.
4. SELECCIÓN E CONTRATACIÓN
4.1. O Tribunal Cualificador valorará os currículos conforme os baremos establecidos no punto quinto destas bases. A relación provisional das puntuacións outorgadas na primeira fase do proceso selectivo será exposta no taboleiro do concello e na páxina web (www.concellodeabana.es), onde figurará o prazo para presentar reclamacións.
4.2. O Tribunal Cualificador citará os/as candidatos/as admitidos/as para unha entrevista de selección na que se valorará a adecuación ao posto de traballo ofertado.
4.3. Estas entrevistas terán lugar nas datas e no local que fixe o Tribunal Cualificador.
-
5. PROCESO DE SELECCIÓN
O proceso de selección desenvolverase en dúas fases:
5.1. FASE DE CONCURSO: 10 PUNTOS
Na fase de concurso, o Tribunal valorará os méritos que acheguen e xustifiquen as persoas participantes aplicando a valoración do currículo da seguinte maneira:
Titulación académica (máximo 2,5 puntos) | Puntuación |
Titulacións superiores preferentes: · Economía · Administración e Dirección de Empresas · Informática · Dereito Outra titulación superior: |
2,5 puntos 1,5 puntos |
Titulación media preferente: · Relacións Laborais Outra titulación media. |
2 puntos 1 punto |
Formación complementaria (máximo 2,5 puntos) | Puntuación |
Por participar en cursos relacionados coas funcións propias do posto de traballo ao que se aspira, tales como cursos de informática, xestión económica, tributaria, área contable ou orzamentaria, facendas locais ou similares: · Por cada curso de máis de 100 horas: · Por cada curso de entre 50 e 100 horas: · Por cada curso de entre 20 e 50 horas:. · Por cada curso ou xornada de duración inferior a 20 horas(máximo 1 punto): · Polo título de iniciación en lingua galega ou equivalente: · Polo título de perfeccionamento en lingua galega ou equivalente (No caso de que o/a candidato/a posúa os títulos de iniciación e perfeccionamento, só se valorará o de perfeccionamento): A acreditación destes méritos efectuarase mediante o certificado expedido polo organismo ou entidade organizadora dos cursos. Os diplomas ou documentos que acrediten a realización dos cursos deberán expresar a súa duración en horas ou xornadas completas. Dentro da denominación de curso entenderanse excluídos os seminarios, as xornadas, os simposios e termos equivalentes. Só se estimarán os cursos que impartiron os organismos da Administración, as institucións públicas ou os centros homologados para o efecto. |
1,50 puntos 1 punto 0,50 puntos 0,25 puntos 0,15 puntos 0,25 puntos |
Experiencia profesional (máximo 5 puntos) | Puntuación |
· Por desempeñar un posto de traballo de natureza análoga na Administración local nos últimos catro anos anteriores ao da convocatoria (máximo 5 puntos): Estes méritos acreditaranse mediante o certificado expedido pola entidade na que se prestasen os servizos e neste deben constar as circunstancias que acrediten os méritos que hai que cualificar. · Por desempeñar un posto de traballo de natureza análoga en calquera outra Administración pública ou na empresa privada, durante os últimos catro anos, a xornada completa (máximo 2,50 puntos): Estes méritos acreditaranse mediante o certificado expedido pola entidade pública na que se prestasen os servizos, ou mediante o certificado expedido pola Seguridade Social se se teñen prestados na empresa privada. |
0,20 puntos/mes 0,08 puntos/mes |
Para superar esta fase hai que acadar, como mínimo, unha puntuación de 5 puntos.
5.2. ENTREVISTA PERSOAL: 4,50 PUNTOS
A entrevista estará dirixida a valorar aptitudes, actitudes, habilidades, valores, coñecementos, etc., do/a aspirante en relación co posto de traballo que hai que cubrir.
6. TRIBUNAL CUALIFICADOR
O Tribunal Cualificador designado pola Alcaldía estará integrado polos seguintes membros:
· Presidente: Manuela Sofía Abelenda Antelo, tesoureira do Concello da Baña ou persoa en quen delegue.
· Vogal: José Ramón Rodríguez Longueira, administrativo da Administración xeral do Concello da Baña, ou persoa en quen delegue.
· Secretaria: Olga Dourado González, secretaria e interventora do Concello da Baña, ou persoa en quen delegue.
7. FORMALIZACIÓN DE CONTRATO
O/A aspirante proposto/a presentará, dentro do prazo de 2 días hábiles que hai que contar dende que se publique o resultado da selección no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web (www.concellodeabana.es), os documentos que acrediten que reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base 2ª desta convocatoria, que poderán ser orixinais ou copias compulsadas, xunto cunha fotocopia da tarxeta da Seguridade Social (no caso de estar dado de alta).
Despois de presentar a documentación citada, o alcalde efectuará o nomeamento a favor do/a aspirante proposto/a polo Tribunal Cualificador e formalizarase o contrato na data que sinala a Administración, dentro dos dez días seguintes ao da notificación do Decreto de Alcaldía de nomeamento do/a aspirante proposto/a.
No caso de que o/a aspirante proposto/a para a contratación renuncie, o alcalde proporá o/a seguinte aspirante con maior puntuación.
8. INCIDENCIAS E DEREITO SUPLETORIO
8.1. O Tribunal resolverá todas as dúbidas que se poidan suscitar durante o desenvolvemento das probas.
8.2. Para o non previsto nas presentes bases será de aplicación o Texto refundido do estatuto dos traballadores e demais lexislación complementaria que resulte de aplicación.
9. NORMAS FINAIS
9.1. Agás a convocatoria, que se publicará segundo se estable na Base 3ª, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da realización deste proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web (www.concellodeabana.es).
9.2. Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polas persoas interesadas nos casos e na forma establecida na Lei de procedemento administrativo e nas normas vixentes concorcondantes.
9.3. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano que convoca.
9.4. Contra as presentes bases e contra a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso administrativo ante o Xulgado Contencioso Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses que hai que contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no diario correspondente.
Con carácter potestativo e previo, poderá interpor un recurso de reposición ante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes que hai que contar dende o día seguinte ao de publicar a convocatoria. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta dos recursos de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses que hai que contar dende o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que estime procedente.
A Baña, 29 de outubro de 2010
O alcalde A secretaria
José Andrés García Cardeso Olga Dourado González
Ficheiros: