O Concello da Baña decidiu manter pechados os parques infantís municipais a excepción de dous, debido á imposibilidade de garantir a súa desinfección para cumprir coas medidas de hixiene e prevención establecidas pola Xunta de Galicia fronte á covid-19.
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil, publica hoxe un bando no que indica que os únicos parques que se poden usar con seguridade son o da área recreativa de Chans e o que está diante do edificio da Escola Municipal de Música.
O Concello agradece a colaboración das familias afectadas e pide desculpas por todas as molestias que estas medidas lles poidan ocasionar.