O Concello da Baña informa a toda a cidadanía que, con motivo da Trail CMP que terá lugar o próximo 6 de outubro de 2019, está prohibido aparcar na Praza do Concello e na rúa Castelao dende as 20.00 horas do día 5 de outubro, ata as 15.00 horas do 6, así como circular na Praza da Casa Consistorial e nas rúas Castelao, Rosalía de Castro e das Dores dende as 07.00 ata as 15.00 horas desa mesma xornada.
Agradecemos a colaboración de toda a veciñanza para que retire os seus vehículos de toda a zona afectada coa suficiente antelación, o que significa que non debe haber ningún vehículo aparcado nestas rúas. As persoas que teñan garaxe deberán prever a imposibilidade de acceder dende o garaxe á rúa nesa franxa horaria.
A corporación agradece á veciñanza de forma anticipada o respecto a toda a sinalización que se vai colocar nos días previos ao 6 de outubro de 2019 e ata que se pase a retirar nos días seguintes á proba.