• A DOG publicou o luns o anuncio de exposición pública do proxecto da liña de evacuación de 220 Kv entre Mazaricos e Santiago

  • O proxecto da empresa Villar Mir Energía está en proceso de exposición pública e poderán presentarse suxestións ata o 4 de outubro

  • A veciñanza da Baña pode consultar cos técnicos municipais as súas dúbidas e recibir asesoramento

20220823 Exposicion Publica Linea AT Picota

O Concello da Baña está a traballar na elaboración dun modelo tipo de alegación para que aquelas persoas que o consideren necesario poidan presentar suxestións ou alegar contra o proxecto de construción da liña aero-subterránea de alta tensión de 220 Kv que servirá de evacuación ao parque eólico da Picota e que chegará ata Santiago, pasando polos municipios de Mazaricos, A Baña, Negreira, Ames e Santiago. O prazo para presentar alegacións remata o 4 de outubro (30 días naturais dende o 23 de agosto).

O DOG publicou o pasado luns, día 22, o anuncio de exposición pública da construción, estudio de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do proxecto desta liña de evacuación entre o parque eólico da Picota e Santiago de Compostela, que solicitou a empresa Villar Mir Energía, que ten un orzamento de execución material de 9 millóns de euros e un prazo de execución de 15 meses. No DOG aparece publicada a relación de bens e dereitos afectados por esta liña de alta tensión.

Nada máis ter noticia deste proceso de exposición pública, o equipo de goberno da Baña encargoulle aos técnicos e asesores municipais que elaboren un documento tipo de alegación que lle poida servir de orientación á veciñanza que desexe presentar alegacións durante este proceso. Segundo informou o tenente de alcalde, César Ramos, o Concello agarda ter este documento listo “na primeira semana de setembro”.

Así mesmo, os técnicos municipais atenderán as persoas que desexen obter máis información sobre este procedemento e recibir asesoramento sobre a forma de presentar alegacións.

As persoas interesadas poden consultar a documentación sobre este proxecto no propio Concello da Baña ou nas dependencias da sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 as 14.00 horas

Toda a documentación relativa a este proceso de exposición pública tamén se pode consultar nos seguintes enlaces: 

Publicación do anuncio no DOG:

https://www.xunta.gal/.../AnuncioV0653-090822-0001_gl.html

O proxecto técnico (xuño 2022-visado 30/06/2022): 

http://descargas.xunta.es/c9f6aec2-6832-468b-903d-f836d46fc5a51660723782451  

Plano xeral do proxecto:

http://descargas.xunta.es/a5f4091d-c226-41a5-80af-7e4ceeefc4811660723990870  

Planos individuais dos predios afectados polo proxecto:

http://descargas.xunta.es/223b03ec-df6f-4891-b778-7ea78561b47a1660724742115  

Planos parcelarios por Concellos:

http://descargas.xunta.es/4f3da3b3-03bc-408d-b9b9-98dfbdbb11631660724017760  

Estudo de impacto ambiental (EIA) (xuño 2021-asdo. 08/07/2022):

http://descargas.xunta.es/4eb2e02c-ff5f-428a-9ef1-0de3efe966701660724905160   

E o Estudo ambiental do proxecto da SET Colectora Nova (que se esta a tramitar noutro expediente con nº IN408A 2020/166):

http://descargas.xunta.es/84da220c-7079-4ad1-addb-96d32a6f446a1660724946369  

O Proxecto de interese autonómico (PIA) (xuño 2022-visado 30/06/2022):

http://descargas.xunta.es/2195730b-455b-4cd8-9916-0249ba3c0bd81660727783824