• A actuación, que combina música e teatro, meteuse ao público no peto //

  • O programa de conciliación manterá a súa actividade ata este venres, 2 de setembro //

A área recreativa de Agra de Chans acolleu hoxe o espectáculo Cantaxoga, a cargo da compañía Millagas Teatro. A actuación, que combinou música e teatro, serviu de despedida dos campamentos de verán na Baña.

María Campos e Carlos Yus levaron aos nenos, ás nenas e aos maiores nun singular percorrido polas cancións dos discos Canta connosco! E pan de millo, a través de chiscos e sktechs cómicos. Como acompañamento tiveron unha peculiar banda de pulgas e a colaboración do propio público presente que non dubidou en viaxar con eles ao espazo, lembrar os ósos dos corpo, resolver adiviñanzas ou mesmo recrear animais. Todo elo cunha única finalidade: divertirse, soñar, aprender e poñer en valor a lingua e a música tradicional galegas.

O espectáculo foi organizado polo Concello da Baña, en colaboración coa Deputación da Coruña e enmárcase dentro do programa da Rede Cultural do organismo provincial.

O Concello da Baña lembra que o campamento de verán manterá a súas actividades ata este venres, 2 de setembro, día no que finalizará este programa de conciliación.

20220831 Fin de festa Campamentos 5