- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: axudas e subvencions
- Visitas: 722
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe catro liñas diferentes de axuda da Deputación da Coruña destinadas a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas co obxectivo de incentivar a creación e o mantemento do emprego. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto dende o luns 11 de abril ata as 14.00 horas do 11 de maio.
- Liña 3.1. PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022. Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal. Para pemes e autónomos con domicilio fiscal nun concello coruñés de menos de vinte mil habitantes. As achegas terán unha contía máxima de 15.000 euros a aboar nun único pagamento.
- Liña PEL-Pemes Mantemento 2022. Axudas para o mantemento do cadro de persoal das pemes e atónomos que, beneficiándose dunha subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación o ano pasado, fixeran unha contratación indefinida. Deben comprometerse a manter o domicilio fiscal na provincia da Coruña nun concello de menos de 20.000 habitantes e a respectar a mesma xornada de traballo do contrato subvencionado na convocatoria anterior ou aumentala. A contía máxima da subvención será de 11.000 euros.
- Liña PEL-Autónomos 2022 para axudas destinadas ás persoas autónomas para o pagamento das cotas da seguridade social nos meses que non perciban otras achegas. Ademais de ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña e estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), as persoas interesadas non poden ter máis de cinco anos de antigüidade no exercicio ininterrumpido da actividade empresarial para a que solicita a achega. As axudas oscilarán entre un mínimo de 1.200 euros (equivalente a seis meses) e un máximo de 2.400 euros (equivalente a 12 meses), que se aboarán nun só pagamento.
- Liña PEL-Emprende Investimento 2022. Axudas para a consolidación e fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables. Dixiridas a persoas físicas ou xurídicas con sede fiscal na provincia da Coruña cunha antigüidade máxima de cinco anos. As achegas oscilarán entre os 2.450 e os 17.500 euros.
As solicitudes presentaranse por vía telemática a través da sede electrónica da Deputación da Coruña.
Os extractos das resolucións, publicadas no BOP do martes 5 de abril, poden consultarse nos arquivos adxuntos.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: axudas e subvencions
- Visitas: 918
A Consellería de Emprego e Igualdade convocou dúas ordes coas que pretender impulsar e favorecer a competitividade das persoas traballadoras autónomas. Por unha banda, o programa de promoción do emprego autónomo suporá altas de ata 10.000 euros para altas neste réxime. Por outra, o Bono Autónomo busca consolidar ata 3.200 negocios con axudas que poden chegar ata os 3.000 euros. Ambas as dúas convocatorias foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o 30 de decembro de 2021.
APOIOS PARA INICIO DE ACTIVIDADE
- A finalidade é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia.
- Período comprendido para as altas en autónomos ou colexio profesional entre o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.
- Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2022.
- Importe da subvención: dende os 2.000 ata os 10.000 €.
- Publicación no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-281221-0002_gl.pdf
BONO AUTÓNOMO
- Persoas beneficiarias: persoas traballadoras autónomas ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que na data da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual superior a 30.000 € e unha facturación mínima anual de 12.000 €, IVE incluído na declaración da renda referida ao ano 2020. Tamén as sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia.
- Hai dúas liñas de axudas: para servizos e para investimento.
- Prazo de presentación: dende o 14 de xaneiro ata o 14 de febreiro de 2022.
- Importe máximo da axuda: 3.000 €
- Publicación no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-291221-0003_gl.pdf
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: axudas e subvencions
- Visitas: 1071
-
Destinaranse aos investimentos que se fagan durante o presente ano 2021 en construcións, maquinaria ou equipos informáticos
A Deputación da Coruña vén de establecer, coa súa publicación no BOP, as bases reguladoras de dúas liñas de axudas dirixidas, por un lado, a asociacións agrarias, labregas, gandeiras, forestais e de cazadores, e polo outro, a entidades sen ánimo de lucro como asociacións profesionais, de veciños ou mulleres do rural, ademais de cámaras de comercio e organismos de carácter comercial e empresarial. O orzamento total para ámbolos programas é de 418.000 euros.
As subvencións cubrirán entre o 20% e o 80% dos investimentos que se fagan durante o ano 2021 en construcións, maquinaria e útiles ou equipos informáticos. Quedan fóra da convocatoria as páxinas web.
As maiores achegas, dotadas de 300.000 euros, destinaranse as asociacións sen ánimo de lucro, que poderán percibir un mínimo de 1.200 euros e un máximo de 28.000.
As subvencións para colectivos labregos e de cazadores acadan os 118.000 euros. Cada entidade poderá recibir entre 1.000 e 24.000 euros.
As solicitudes deberán presentarse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña a través da plataforma Subtel. O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio da convocatoria que se publicará no BOP.
As bases publicadas hoxe no BOP pódense consultar premendo nesta ligazón (asociacións gandeiras, labregas, agrarias, forestais e de cazadores) e nestoutra (entidades sen ánimo de lucro).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: axudas e subvencions
- Visitas: 802
-
Deberán estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
-
As achegas son de 400 euros para o permiso B e de 650 para o C
A partir do 14 de agosto e ata o 14 de setembro, mozas e mozos de Galicia poderán solicitar axudas para sacar o carné de conducir de coche ou de camión. A convocatoria, publicada no DOG do 13 de agosto (consulta aquí), conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros e está destinada a facilitar a inserción laboral da mocidade.
As persoas que queiran optar a estar axudas teñen que cumprir os seguintes requisitos: ter máis de 18 anos, levar alomenos un ano de empadroamento en Galicia e estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil figurando como beneficiarias na comunidade galega. Tamén teñen que figurar matriculadas nunha autoescola galega ou ter un permiso B ou C obtido entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C. Poden acumularse no caso de sacar os dous carnés.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito telemático na sede electrónica da Xunta e o código de procedemento é o BS321A.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: axudas e subvencions
- Visitas: 1062
-
As achegas están dirixidas á creación de novos negocios, a ampliación e o mantemento do persoal e a cubrir as cotas da seguridade social das persoas autónomas
-
As solicitudes presentaranse dende mañá na sede electrónica da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia unha nova convocatoria de axudas do Plan de Emprego Local (PEL 2021) dirixidas a pequenas empresas e persoas autónomas xa en activo coa fin de fortalecer consolidar e fortalecer o tecido empresarial dos municipios coruñeses.
As axudas, dotadas cun total de 4.260.000, desenvólvense a través de catro liñas diferentes: apoio á creación de novas empresas (2.260.000 euros), o pagamento de cotas da seguridade social para persoas autónomas nos periodos nos que non reciben axudas doutras administracións (500.000 euros); a ampliación de persoal (1.000.000); e o mantemento dos empregados (500.000) en microempresas, pequenas e medianas empresas.
O prazo para facer as solicitudes comprende dende o 11 de marzo ata as 14:00 horas do 15 de abril. Tanto as solicitudes como toda a tramitación relacionada con esta convocatoria realizarase por vía telemática a través da sede electrónica da Deputación da Coruña.
A convocatoria publicada hoxe no BOP pode consultarse premendo aquí.
As bases, publicadas no BOP o 25 de febreiro, poden consultarse premendo nesta outra ligazón.