-
A contratación, cofinanciada pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, permitirá un período de nove meses de experiencia profesional nun posto de auxiliar administrativo/a

O Concello da Baña vén de recibir unha subvención dentro do Programa de Garantía Xuvenil 2025 (procedemento TR350E), destinada á contratación de persoas mozas desempregadas. A través desta axuda, poderase incorporar durante nove meses unha persoa no posto de auxiliar administrativo/a, que que iniciará a súa actividade o 3 de novembro de 2025.
A persoa contratada desenvolverá tarefas de apoio á xestión administrativa, reforzando o funcionamento dos servizos municipais e adquirindo experiencia profesional nun entorno real de traballo.
Esta iniciativa forma parte da aposta do goberno local por fomentar o emprego xuvenil e ofrecer novas oportunidades laborais á mocidade da comarca, ao mesmo tempo que contribúe ao fortalecemento da estrutura administrativa e á mellora dos servizos públicos.
A actuación está cofinanciada pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, no marco dos programas de apoio ao emprego xuvenil FSE+Galicia 2021/2027.