• Deberán estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

  • As achegas son de 400 euros para o permiso B e de 650 para o C

axudas sacar carne

A partir do 14 de agosto e ata o 14 de setembro, mozas e mozos de Galicia poderán solicitar axudas para sacar o carné de conducir de coche ou de camión. A convocatoria, publicada no DOG do 13 de agosto (consulta aquí), conta cun orzamento total de máis de 761.000 euros e está destinada a facilitar a inserción laboral da mocidade.

As persoas que queiran optar a estar axudas teñen que cumprir os seguintes requisitos: ter máis de 18 anos, levar alomenos un ano de empadroamento en Galicia e estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil figurando como beneficiarias na comunidade galega. Tamén teñen que figurar matriculadas nunha autoescola galega ou ter un permiso B ou C obtido entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C. Poden acumularse no caso de sacar os dous carnés.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito telemático na sede electrónica da Xunta e o código de procedemento é o BS321A.