ANUNCIO DA ALCALDÍA SOBRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO, MATERIAIS CURRICULARES E MATERIAL DIDÁCTICO E COMPLEMENTARIO QUE CAMBIEN DE IDIOMA
Manuel Tourís Fernández, alcalde en funcións do Concello da Baña,
comunícalle a todas as familias con fillos e fillas que vaian cursar no curso 2010-11 3º e 4º de educación primaria e de educación secundaria que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para adquirir libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto para o plurilingüísmo.
Destinatarios: alumnado de 3º e 4º de educación primaria e educación secundaria, de centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
· Para o alumnado de educación primaria, ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000 euros.
Prazo e lugar de solicitude: ata o 30 de setembro nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado.
Información:
- www.edu.xunta.es/alp
- centros educativos
- Concello da Baña: 981 886 501 (educadora familiar)
A Baña, 2 de xuño de 2010
O alcalde
Ficheiros: