• Gozarán da estación de Valgrande-Pajares entre o 28 e o 31 de xaneiro

  • A inscrición realizarase nas oficinas do Concello ata o 14 de decembro

  • A viaxe inclúe traslados, aloxamento, manutención, clases de esquí e actividades

  • Os participantes pagarán 85 euros en concepto de inscrición

Catro mozas/os da Baña de entre 12 e 15 anos poderán participar na Campaña de neve promovida pola Deputación da Coruña na estación de Valgrande-Pajares, en Asturias. Para facer a solicitude, as persoas novas interesadas terán que cubrir a ficha de inscrición (pica aquí) e presentala no Concello da Baña. Teñen de prazo ata o martes 14 de decembro.

Os participantes no programa desfrutarán de catro días con aloxamento e manutención nun albergue a pé de pista e contarán con cursos de esquí e actividades complementarias. A Deputación asumirá a maior parte dos gastos, que inclúen transporte dende un punto de recollida na cabeceira da comarca, seguros, alugamento de material ou remontes na estación. As/os mozas/os, pola súa parte, terán que aboar un total de 85 euros como taxas de inscrición.

A campaña desenvólvese durante seis fins de semana. Ás mozas e mozos da Baña correspóndelle ir na terceira quenda, que se prolongará do 28 ao 31 de xaneiro. Entrarán na estación de Valgrande-Pajares o venres antes do xantar e deixarana o luns despois de comer.

No caso de que o número de solicitantes supere as cinco prazas dispoñibles, realizarase un sorteo no Concello no que terán prioridade quelas rapazas ou rapaces que non participaran anteriormente na campaña de neve.

No caso de que o número de solicitantes supere as cinco prazas dispoñibles, realizarase un sorteo no Concello diante da secretaria municipal no que terán prioridade aquelas rapazas ou rapaces que non participaran anteriormente na campaña de neve.

A información da campaña pode consultarse no apartado de Deportes da web da Deputación da Coruña ou picando nesta ligazón.

Inverno 2022 cartel 25x42 FINAL baixa 1