• Contará con dous circuítos para facilitar a participación: un de 1,5 quilómetros para os máis peques e outro de 10 quilómetros //

  • A proba sairá ás 10.00 horas da praza do Concello e rematará cuns petiscos no pavillón de San Vicenzo //

  • As inscricións poden facerse xa no departamento municipal de Deportes //

A Festa da Filloa da Pedra da Baña, que se desenvolverá o domingo 16 de marzo, daralle este ano protagonismo ao deporte coa celebración da primeira Ruta Ciclista da Filloa, unha proposta dirixida fundamentalmente a público familiar que busca fomentar os hábitos saudables desfrutando, a un tempo, dunha xornada de convivencia.

A Ruta Ciclista, que sairá ás dez da mañá da praza do Concello, contará con dúas modalidades de participación con diferentes distancias para facilitar a participación de ciclistas de todas as idades. Para a cativada, establécese un circuíto de 1,5 quilómetros, que nenas e nenos poderán facer na compaña das súas nais ou pais, antes de rematar a proba cunha xincana de conos pola praza.

O resto dos participantes, sen límite de idade, cubrirán un circuíto de dez kilómetros, cunha parada de avituallamento á metade do percorrido para repoñer forzas e reagrupar o pelotón. Os menores de 11 años poderán participar sempre que vaian obrigatoriamente acompañados dunha persoa adulta.

Rematada a ruta, todos os ciclistas gozarán xuntos duns petiscos no pavillón municipal de San Vicenzo.

As inscricións están abertas no departamento de Deportes do Concello da Baña. Todas aquelas persoas que queiran participar só teñen que facilitar os seus datos chamando ao 669 368 413 ou mandando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Lembramos que o uso do casco é obrigatorio.

  • A primeira cita será o Día da Bicicleta, cunha proposta familiar e lúdica //

  •  A Carreira pedestre e o Torneo de Minibásquet son as principais novidades dunha programación que inclúe eventos consolidados como o Trail ou os torneos de pádel e xadrez //

  • O Día do Deporte marcará en setembro o inicio do curso das Escolas Deportivas Municipais, con exhibicións e competicións ao aire libre //

A primeira edición do Día da Bicicleta inaugurará en febreiro unha ampla programación de actividades deportivas para o ano 2025, deseñada polo Concello da Baña para promover un estilo de vida activo e saudable entre a poboación de todas as idades. O Concello da Baña presenta unha variada oferta que combina eventos xa consolidados no calendario deportivo local, como o Trail da Baña ou os torneos de pádel e de xadrez, con novidades como a Carreira Pedestre ou o Torneo de Minibásquet, ademais de actividades ao aire libre, como o Día do Deporte ou o piragüismo no río Tambre.

A programación comezará en febreiro coa celebración do primeiro Día da Bicicleta, que terá lugar o domingo 16, coincidindo coa celebración da Festa da Filloa da Pedra. Será unha actividade non competitiva, de carácter familiar e lúdico, ideal para gozar dunha mañá de deporte en compañía. Xa en marzo, será a quenda do Torneo de Minibásquet, tamén na súa primeira edición, que se organizará en colaboración co club Deleite Baloncesto Brión e estará dirixido ao público escolar, promovendo o baloncesto desde as idades máis temperás.

O mes de abril incluirá dúas iniciativas destacadas: a primeira edición da Carreira Pedestre, organizada coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, que contará con distancias adaptadas tanto para escolares como para persoas adultas; e o xa consolidado Campus Deportivo, que terá lugar durante as vacacións de Semana Santa en horario de mañá, ofrecendo unha opción de conciliación para familias con nenos e nenas de 3 a 14 anos.

En maio, a programación continuará cunha saída de piragüismo ao río Tambre, unha actividade que xa se realizou noutras ocasións e que sempre conta cunha boa acollida. Ademais, ese mesmo mes organizarase unha xornada saudable para persoas adultas, con masterclasses de pilates, ioga e relaxación.

O peche do curso deportivo celebrarase en xuño, cunha gala de clausura das Escolas Deportivas Municipais na que se ofrecerán exhibicións das distintas disciplinas practicadas ao longo do ano, como baile moderno, baloncesto, patinaxe artística, tenis, tenis de mesa, xadrez e judo. Tamén en xuño terá lugar a cuarta edición do Torneo de Xadrez, unha competición puntuable para o circuíto intercomarcal de xadrez da Deputación da Coruña.

Actividades de verán e de inverno

 

No mes de xullo, a veciñanza poderá desfrutar dunha saída ao parque acuático, unha actividade aberta a todas as idades, e dos cursos de natación que se impartirán na piscina municipal de Agra de Chans en horario de mañá. Xa en agosto, será a quenda da Festa da Auga, que se celebrará tamén na piscina municipal, ofrecendo unha xornada refrescante e lúdica para os días de verán.

Setembro marcará o inicio dun novo curso das Escolas Deportivas Municipais, que se desenvolverán ata xuño de 2026 coincidindo co calendario escolar. Para celebralo, organizarase o Día do Deporte, con torneos e exhibicións que terán lugar ao aire libre na praza do Concello, convertendo este evento nunha cita central da programación anual.

O outono estará marcado pola celebración, en outubro, dunha nova edición do Trail da Baña, unha das probas de montaña máis destacadas de Galicia, recentemente recoñecida na I Gala do Trail Running Galego. A edición anterior acadou un récord de participación, con 300 inscritos nas modalidades de trail, minitrail, trail promesa e andaina non competitiva. En novembro, será a quenda do Torneo de Pádel, que chegará á súa cuarta edición e se celebrará no pavillón de Lañas, dirixido a xogadores afeccionados maiores de 10 anos. Este torneo conta con gran popularidade, alcanzando un récord de 45 parellas inscritas na súa última convocatoria.

A programación deportiva pecharase en decembro cunha saída á pista de xeo, unha actividade aberta a toda a veciñanza que servirá para celebrar as festas de Nadal con deporte e diversión en familia.

Aviso importante: a programación deportiva poderá sufrir modificacións ao longo do ano por motivos organizativos ou climatolóxicos. O Concello da Baña informará puntualmente de calquera cambio a través das súas canles oficiais para garantir a participación e o goce das actividades por parte de toda a veciñanza.

  • A inscrición está aberta ata o luns 4 de novembro ás 23.59 h

  • Ten un custo de 5 euros por participante; 8 € no caso de inscribrse en dúas categorías

20241022 Cartel III Torneo padel A BanhaO Concello da Baña anuncia a celebración do III Torneo de Pádel A Baña, que terá lugar na fin de semana do 9 e 10 de novembro no Pavillón de Lañas. Esta competición, dirixida a xogadores afeccionados maiores de 14 anos, ofrecerá varias categorías para fomentar a participación e o deporte entre a veciñanza.

O prezo de inscrición será de 5 euros por participante, e 8 euros para aqueles que se inscriban en dúas categorías. Todos os participantes recibirán un obsequio de benvida. As inscricións estarán abertas ata o 4 de novembro ás 23:59 horas, podendo realizarse a través do teléfono 633 499 635 (Dani).

Nesta terceira edición hai seis categorías dispoñibles: 2ª masculina, feminina e mixta; 3ª masculina; e iniciación masculina e feminina. Cada unha delas debe contar cun mínimo de oito parellas inscritas para poder formar grupo.

A organización publicará os cadros de xogo e os horarios na web municipal 24 horas antes do inicio do torneo. No caso de non poder xogar o partido na hora indicada, as persoas participantes poderán dirixirse ao comité de competición para que faga as pertinentes modificacións sempre que sexa posible.

O III Torneo de Pádel A Baña está organizado pola Concellería de Turismo, deporte e relacións institucionais bañense, coa colaboración da Deputación da Coruña. As dúas edicións anteriores do torneo contaron con 27 e 36 parellas, respectivamente, e a organización espera superar estas cifras nesta nova convocatoria.

Para máis información sobre as bases do torneo, pódese consultar a normativa no documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

  • n total de 45 parellas daranse cita nas pistas do pavillón de Lañas 

  • Disputaranse cinco categorías: 2ª masculina, 2ª feminina, 2ª mixta, 3ª masculina e iniciación feminina

Con récord de participación, grazas ás 45 parellas inscritas, o Concello da Baña celebrará esta vindeira fin de semana do 9 e do 10 de novembro a terceira edición do seu Torneo de Pádel. A competición, dirixida a xogadores afeccionados maiores de 10 anos, desenvolverase ao longo do sábado e do domingo nas pistas do pavillón de Lañas.

Disputaranse un total de cinco categorías: 2ª masculina, 2ª feminina e 2ª mixta; 3ª masculina; e iniciación feminina. Levarán trofeo as parellas mellor clasificadas en cada unha delas.
Os cadros de xogo xa se poden consultar nas imaxes que acompañan esta noticia. Por causa do elevado número de participantes, a organización advirte de que non se xogarán as finais de consolación, polo que as parellas eliminadas terán ás pistas a súa disposición nos horarios en que queden libres. 
O III Torneo de Pádel A Baña está organizado pola Concellería de Turismo, deporte e relacións institucionais bañense, coa colaboración da Deputación da Coruña. As dúas edicións anteriores do torneo contaron con 27 e 36 parellas, respectivamente. Todas as persoas participantes recibirán un obsequio de benvida.
As bases do torneo inclúense no arquivo adxunto. 

 

III Torneo de Pádel A Baña. Cadros de xogo 5

 

III Torneo de Pádel A Baña. Cadros de xogo 13

 

III Torneo de Pádel A Baña. Cadros de xogo 12

 

III Torneo de Pádel A Baña. Cadros de xogo 9

 

III Torneo de Pádel A Baña. Cadros de xogo 11

 

 

  • Laura Saavedra e Mario Rodríguez impuxéronse no trail curto, de 16 km.

  • Eva Formoso foi a vencedora do trail promesa, ao chegar a meta un minuto antes que Roi Mourón, que se xogou a vitoria ao pedra, papel, tesoira co seu amigo Alex Tajes

  • Por equipos, os vencedores foron a SD Barbantia Roda, o Dubra Team e o Running Arteixo, por esta orde

Eva formoso

Pablo Villa González foi esta mañá o vencedor absoluto do Trail da Baña, tras facer os 28 quilómetros de percorrido en pouco máis de dúas horas e media (2:33:41). Na categoría feminina a vencedora foi Raquel Estévez Alonso, cun tempo de 3:38:14. No trail curto, de 16 km, Laura Saavedra (2:18:30) e Mario Rodríguez (1:42:45) foron os vencedores. (Ver clasificacións oficiais neste enlace).

As mulleres foron as máis rápidas na categoría promesa, ao rematar os 8 quilómetros dep percorrido en menos dunha hora, un minuto menos que os primeiros homes. Eva Formoso Recarey, do Triki Team, fixo un tempo 0:59:26, chegando un minuto antes que Roi Mourón (1:00:48). Precisamente, Roi rematou o percorrido xunto co seu amigo Alex Tajes, e entre os dous se xogaron a vitoria ao pedra, papel, tesoira xusto antes de cruzar a liña de meta, que pasou en primeiro lugar Roi Mourón. O podio nesta categoría estivo formado por Eva Formoso, Rocío Riveiro (0:59:43) e Sabela Tuñas (59:59) na categoría feminina e por Roi Mourón e Alex Tajes (1:00:33) e Brais Agra Sánchez (1:00:45), na categoría masculina.

Roi mouronazul Alex Tajes

Nunha xornada na que a choiva foi a protagonista, preto de 300 persoas tomaron a saída nas diferentes categorías do Trail da Baña. Medio cento participaron na proba longa, cun percorrido de 28 quilómetros polos montes da Baña e un desnivel acumulado de mil metros. Nesta categoría, os vencedores foron Pablo Villa (2:33:41), Jaime García (2:41:03) e Rubén Martínez Mayo (2:51:34). As tres primeiras mulleres en cruzar a meta foron Raquel Estévez (3:38:14), Laura Felípez (3:41:53) e Kenia Estrada (3:46:20). 

O mini trail, cun percorrido de 16 quilómetros e 800 metros de desnivel, foi o que contou con maior número de persoas participantes, con máis dun cento de atletas tomando a saída. Os vencedores nesta categoría foron Mario Rodríguez (1:42.45), Roberto Galado (1:42:51) e Felipe Corral (1:42:53), mentres que as atletas máis rápidas foron Laura Saavedra (2:18:30), Paola Estrada (2:21:57) e Maite Salgado (2:45:35).

A xornada contou tamén cunha andaina non competitiva de 10 quilómetros, na que participaron unhas 80 persoas.

Pablo Villa Gonzalez

Organizada polo Concello da Baña, esta sétima edición do Trail da Baña estivo controlada polo comité técnico de árbitros da Federación Galega de Atletismo e forma parte do calendario galego oficial de trail running. 

A proba contou co patrocinio oficial de Ternera Galega, que ofreceu unha degustación gratuíta de produtos para que todas as persoas participantes puidesen repoñer forzas ao rematar o percorrido.

Podio Absoluto Bana

Clasificacións

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e a concelleira de Deportes, Ana Pensado, entregaron os trofeos aos gañadores das diferentes categorías acompañados por José Ramón Gómez, representante de Ternera Gallega.

Os podios nas diferentes categorías quedaron do seguinte xeito.

Trail longo (28 km)

Categoría absoluta: Raquel Estévez, Laura Felípez e Kenia Estrada; e Pablo Villa, Jaime García e Rubén Martínez.

Sénior: Adrian Abelenda, Jorge González e José Martinón.

Máster 1: Vanessa Varela e Lorenzo Lourido, José Manuel García e Agustín Crespo.

Máster 2: Roberto Riobó, César Rodríguez e Jorge Manuel García.

Trail curto (16 km)

Categoría absoluta: Laura Saavedra, Paola Estrada e Maite Salgado; e Mario Rodríguez, Roberto Galego e Felipe Corral.

Sénior: Thalía Troitiño, Rosa Ana Gómez e Rebeca Sesto; e Miguel Montero ,David Seage e Ramón González.

Máster 1: Lali Aguilera, Melina Martínez e Noa Caramés; e Alberto González, Pablo Fadeville e Santi Pazos.

Máster 2:  Tina Formoso e Carmen Rios; e Carlos Lado, Juan Manuel Calvo e Rubén Laria.

Primeiros atletas locais: Pablo Fadeville, Carlos Martínez e Antonio Barreiro.

Trail promesa (8 km)

Categoría absoluta: Eva Formoso, Rocío Riveiro e Sabela Tuñas, e Roi Mourón, Alex Tajes e Brais Agra.

Sub-16: Irene Balado, Ana Ézara e Paula Rodríguez, e Miguel Ángel Castro.

Sub-18: Lucas Ribó, Brais García e Jesús García.

Sénior/máster: Eva González, Patricia González e Ana Isabel López, e Alberto Agra, José Manuel Rodríguez e José Manuel Blanco.

Clasificación por clubes:

Sociedade Deportiva Barbantia Roda (40 puntos), Dubra Team (47) e Running Arteixo (50 puntos).

Clubes con máis participación:

Trasdeza Trail&Run, Asociación BJ Running Team e Dubra Team.

Saida trail longo