• O horario ata o 31 de agosto será de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 21.00 de luns a venres; e as fins de semana abrirá ás 12.00

  • O abono mensual custa 25 euros e o abono familiar son 45 euros mensuais

  • A entrada dun día será de 2 euros, e gratuíta para menores de 14 ano

 

20220624 Bana Piscina 2022 webO Concello da Baña inaugura mañá a temporada de verán coa apertura da piscina municipal de Agra de Chans, na que poderán darse chapuzóns de forma gratuíta ata o vindeiro 4 de xullo, día que comeza o campamento de verán.

A piscina estará aberta ata o 15 de setembro. O horario ata o 31 de agosto será de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 21.00 horas de luns a venres (as fins de semana abrirá ás 12.00 horas). No mes de setembro pechará ás 20.30 horas.

Para acceder ao recinto, a Concellería de Promoción da Vida Activa e Deporte establece un abono mensual de 25 euros (15 euros por dúas semanas), e 45 euros para o abono mensual familiar, costando a entrada dun día solo 2 euros. A entrada será gratuíta para menores de 14 anos.

Ata o vindeiro 4 de xullo, día que comeza o campamento de verán, o acceso á piscina municipal da Baña será gratuíto. O uso de gorro e chanclas é obrigatorio para poder bañarse ou acceder ao recinto.

Para retirar os abonos ou solicitar máis información é necesario contactar coa Concellería de Promoción da Vida Activa e Deporte nas dependencias municipais ou chamando ao 981 88 65 01.