-
Celebraranse na piscina municipal en horario de mañá
-
Os cursos terán un custo de 30 euros por persoa e mes
O Concello da Baña oferta ao longo deste verán cursos de natación para a poboación en xeral. Estes cursos desenvolveranse nas instalacións da piscina municipal, de luns a venres, en horario de mañá. O prezo dos cursos de natación serán de 30 euros por mes e persoa.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse chamando ao teléfono do Concello da Baña, 981 88 65 01.
A piscina municipal inaugurou a súa temporada de verán o pasado 25 de xuño e permanecerá aberta ata o 15 de setembro. Cómpre lembrar que a veciñanza pode acceder de xeito gratuíto ás instalacións ata o 4 de xullo, día no na que comeza o campamento de verán. A partir desa data, o acceso para maiores de 14 anos será de pago ou con abono.
A tal efecto, a Concellaría de Promoción da Vida Activa e Deporte estableceu un abono mensual de 25 euros (15 euros por dúas semanas), e 45 € para o abono familiar. A entrada individual por día e persoa terá un custo de 2 €. Para retirar os abonos ou solicitar máis información é necesario contactar coa Concellaría de Promoción da Vida Activa e Deporte nas dependencias municipais ou chamando ao 981 88 65 01.
O horario de apertura da piscina municipal será, ata o 31 de agosto de 10.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 21.00 horas, de luns a venres (as fins de semana abrirá as súas portas ás 12.00 horas). No mes de setembro pechará ás 20.30 horas.
Lembrar que tanto para os cursos de natación como para o baño é obrigatorio o uso de gorro e de chancletas.