-
Os menores de idade poderán tamén practicar fútbol sala, xadrez on line, baile moderno, expresión corporal, karate, tenis de mesa e patinaxe artística
-
Para as persoa maiores ofértase expresión corporal e pilates
-
As actividades comezan o día 12 para facilitar a conciliación
-
O 19 remata o prazo de matrícula e haberá xornadas de portas abertas ata finais deste mes
O Concello da Baña abre hoxe o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais, que este ano comezarán o 12 de setembro para facilitar a conciliación ás familias do municipio. Judo e tenis son as novidades que se ofertan para os menores de idade, coa particularidade de que as clases de tenis serán gratuítas debido ao acordo asinado entre o Concello a Xunta e a Federación dentro do Plan Corresponsables.
Este curso, os menores de idade poderán practicar fútbol sala, baile moderno expresión corporal e karate dúas días a semana. Un día a semana haberá xadrez en liña, judo, tenis, tenis de mesa e patinaxe artística. Os horarios propostos para as diferentes actividades pódense consultar no arquivo adxunto (neste enlace)
Para persoas maiores a oferta inclúe pilates dous días a semana e expresión corporal os luns.
Os formularios e a ficha de inscrición para facer a inscrición pódense descargar na páxina web do Concello (este enlace) e tamén obter nas oficinas municipais. Unha vez cubertos hai que entregalos no Concello ou a través da sede electrónica.
O prazo de inscrición é de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación das bases na páxina web, polo que rematará o vindeiro 19 de setembro. Aínda que as clase comezan o día 12, durante todo este mes haberá xornadas de portas abertas, para que menores e maiores poidan acudir a coñecer e participar nas diferentes actividades para confirmar que desexan seguir practicándoa.
Os prezos son os que figuran na ordenanza do ano 2016. É dicir: 60 euros por temporada para unha actividade e 90 euros anuais cando unha persoa se inscriba en dúas ou máis actividades.
No caso de familias, establécense 99 €/temporada para dous membros nunha actividade e de 132 €/ano cando dous membros acudan a dúas ou máis actividades. No caso de ser tres membros da unidade familiar os prezos serán, respectivamente, de 120 e 150 euros por temporada.
As bases das escolas deportivas municipais pódense consultar no arquivo adxunto (neste enlace).