O alumnado da Escola Municipal de Música da Baña felicítalle este ano as festas a toda a veciñanza ofrecendo o seu tradicional concerto de Nadal de xeito telemático. A situación da covid-19 desaconsellaba facer as actuacións presenciais, para evitar aglomeracións de familiares e amigos no auditorio da escola, polo que se animaron a ofrecer as súas interpretacións a través das redes sociais.
Co apoio do profesorado, nenas e nenos que acoden a Escola de Música da Baña, que dirixe Martín Pose Pérez, gravaron as súas actuacións de xeito individual. O vídeo con todos os traballos pódese ver na canle de Youtube do Concello da Baña (preme aquí).