• O obxectivo do certame é ofrecer unha imaxe da muller nun entorno natural e rural 
  • Só se poderán enviar fotografías relacionadas coa temática tomadas dentro dos límites do municipio
  • O prazo de presentación das obras remata o 3 de novembro
  • Seleccionaranse 12 fotografías para o calendario 2023 pero só haberá unha obra gañadora en cada unha das tres categorías establecidas

20221025 Concurso Fotos ABana ALI0935 Columpio Rio Albarina

O Concello da Baña promove o I Concurso fotográfico Elas no outono 2022 co obxectivo de reivindicar o papel da muller e ofrecer unha visión diferente da figura feminina durante o outono nunha contorna rural e natural como é o municipio bañense. O xurado seleccionará un máximo de 12 fotografías, que formarán parte do calendario 2023 do Concello e formarán parte dunha exposición que se inaugurará o 5 de novembro na casa da cultura.

O concurso está aberto a todas as persoas maiores de 6 anos que desexen participar, enviando unha fotografía coa muller como protagonista. As imaxes deberán ser tomadas dentro dos límites territoriais do municipio da Baña e ser orixinais; é dicir, que non se teñan presentado a outro certame. Cada participante só poderá presentar unha fotografía dixital cun tamaño máximo de 6.000 píxeles no lado longo e 5 Mb de peso. 

As persoas participantes deberán enviar a súa foto por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.antes das 15.00 horas do 3 de novembro de 2022. No asunto deberá figurar ‘Concurso de fotografía elas no outono 2022’, e no corpo do correo o. Nome da imaxe, o lugar onde foi tomada a foto e o seudónimo co que participa o autor. Nun documento adxunto deberanse incluír todos os datos de contacto da persoa participante, como figuran nas bases, ademais dun teléfono e correo electrónico de contacto.

Neste concurso establécense tres categorías. Os participantes de 6 a 11 anos competirán na categoría 1, os de 12 a 17 na categoría 2 e os de 18 ou máis anos, na categoría 3. A persoa gañadora de cada categoría recibirá como premio un lote de libros acorde a súa idade.

O xurado estará formado por persoas relacionadas co ámbito da cultura, da educación e da fotografía. O tribunal valorará, en cada caso, a orixinalidade da fotografía presentada, a súa adecuación á temática, a técnica empregada e a composición da imaxe.

As bases do concurso de fotografía Elas no outono 2022 están dispoñibles na web municipal (neste enlace) e no arquivo adxunto