• Ábrense catro grupos por idades para rapazada a partir de oito anos e persoas adultas //

  • As inscricións formalizaranse a través da sede electrónica ou enviando un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co formulario debidamente cuberto //

Durante o mes de decembro, cativada de 8 anos en adiante e persoas adultas poderán poñer a proba de xeito gratuíto as súas dotes dramáticas na nova escola de teatro do Concello da Baña, que comezará a andar de xeito oficial a partir de xaneiro baixo a dirección de Xan Martínez.

A Escola municipal de teatro e conciencia corporal quere recuperar, coincidindo co trinta aniversario da súa fundación, a escola de teatro bañense Berenguela, que chegou a ser coñecida en toda Galicia tanto pola formación de intérpretes como pola posta en escena de obras de moi diversa índole.  

Nenas e nenos terán clases nas instalacións do CPI San Vicente. Os luns de 16.30 a 17.30 será a quenda dos que teñen entre 8 e 10 anos; xusto despois, e ata as 18.30 horas, tocaralle ás cativas e cativos de entre 10 anos e 12 anos; e xa os martes, de 15.00 a 16.30 horas, terán aulas mozas e mozos de 12 a 16 anos. As persoas adultas, pola súa parte, acudirán ao local social de San Vicenzo os luns de 18.45 a 20.15.

Logo do periodo de proba en decembro, as persoas interesadas en continuar na Escola de teatro deberán formalizar a inscrición presentando o formulario debidamente cuberto a través da sede electrónica ou envíandoo por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prezo das clases é de 20 euros por trimestre.

O formulario de inscrición pódese descargar no arquivo adxunto.