O Concello da Baña vai recibir unha subvención de 5.333 euros da Deputación da Coruña para o manemento do persoal técnico en animación sociocultural durante o ano 2023.
O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte, mércores 5 de xullo, a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello da Baña ao abeiro do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2023.
A resolución do BOP pode consultarse no documento adxunto.