Os máis novos e as máis novas da Baña gozaron onte co taller de intelixencia emocional e coas aventuras do Monstro de Cores, que Carla e Loreto lles foron contanto aos ‘Maimiños’, nenos e nenas menores de seis anos que, acompañados das súas nais, pais ou aboas, se achegaron ata a casa da cultura da Baña.
Primeiro puideron coñecer como funciona a biblioteca municipal, e houbo ata quen se fixo socio. Logo Patricia Torreira leulles varios contos, e, despois de merendar, todas e todos estiveron moi atentos ao que lles contaban Carla e Loreto, de Donde viven los cuentos. Pedagoga e psicóloga, as dúas utilizaron o conto de O monstro de cores “porque amosa a xestión das emocións”, unha actividade recomendada para toda a familia.
Estas actividades promovidas polo concello organizáronse para conmemorar a semana da Biblioteca (no caso das visita e os contacontos) e, e taller de intelixencia emocional co patrocinio do programa da Consellería de Educación Ler conta Moito. Así todos e todas puideron pasar unha tarde divertida.