O Concello de A Baña organiza un Curso de perfeccionamento e iniciación á informática dirixido a persoas adultas, que se levará a cabo a partir do vindeiro mes de outubro e que terá unha duración de 6 meses. Esta actividade formativa impartirase cada mércores, durante dúas horas, na Aula de informática do Concello e terá un prezo de 25 euros ao mes. As inscricións faranse nas oficinas da Casa Consistorial, tendo preferencia aqueles veciños e veciñas que estean empadroadas na Baña.
Para máis información, déixase a disposición de todos os interesados o seguinte número de teléfono: 615 401 264.