20190309 Entroido Medios 2

O último sábado de febreiro, o día 29, o Concello da Baña organiza o Concurso de disfraces do Entroido, que este ano repartirá 3.750 euros en premios entre as cinco categorías contempladas nas bases: individual (infantil e adulto), grupo, comparsa e carrozas. Para poder participar, os interesados deberán inscribirse antes do xoves día 27 ben de xeito telemático ou presencial nas dependencias municipais.

O desfile comezará ás 16.30 horas e transcorrerá polas rúas Xacinto Rodríguez, Rosalía de Castro e na Praza do Concello. As comparsas estarán compostas por un mínimo de 10 membros que representarán un mesmo motivo, e as carrozas deberán contar tamén cun mínimo de dez integrantes todos eles enriba dun móbil. Os grupos terán de 2 a 9 persoas participantes, representando un mesmo motivo.

A selección de gañadores realizarase a proposta dun xurado composto por persoas alleas ao Concello. No apartado de premios, as tres mellores carrozas e comparsas levarán premios de 1.000, 500 e 200 euros, respectivamente. O mellor grupo recibirá 150 euros e, nas categorías individuais, o premio será de 100 euros tanto para o mellor disfrace infantil como para o adulto.

As bases íntegras do concurso e as fichas de inscrición, pódense descargar na páxina web do Concello da Baña. Todas as persoas menores de idade que desexen participar, ademais de inscribirse, deberán entregar unha autorización asinada pola nai, pai ou titores legais.

Attachments:
Download this file (Autorizacion_Menores_Entroido_Bana_2020.pdf)20200205_Autorizacion_menores_Entroido_Baña_2020[20200205_Autorizacion_menores_Entroido_Baña_2020]103 kB
Download this file (bases.pdf)20200211_Bases_concurso_entroido_Baña_2020[20200211_Bases_concurso_entroido_Baña_2020]99 kB
Download this file (Ficha_inscricion_entroido_bana_2020.pdf)20200205_Ficha_inscricion_entroido_Baña_2020[20200205_Ficha_inscricion_entroido_Baña_2020]104 kB

20200216 Feira Cans Caza webbO Concello da Baña organiza o 16 de febreiro unha feira de cans de caza na finca municipal da rúa Tedelle, detrás do CPI San Vicente. A xornada comezará ás 8.00 horas e rematará ás 13.30 coa entrega de premios das diferentes categorías. O prazo de inscrición remata o 11 de febreiro.

O evento dará comezo ás 10.00 horas aínda que os participantes poderán acomodarse no recinto a partir das 8.00 horas. Ás 13.30 será a entrega de premios.

A feira de cans de caza de A Baña contará con 6 categorías entre as que se repartirán os premios de caza maior, caza menor, pluma, mellor manda de cans, mellor camada de cachorros e o galardón espcial ao mellor can da feira.

Ao rematar todos os asistentes están convidados á XVII Festa da Filloa da Pedra no pavillón municipal, na que poderán degustar este prato típico da Baña , de música e de xogos de todo tipo para a cativada.

20200121 Formacion Plataforma SubtelA Deputación da Coruña organiza unha xornada gratuíta de formación para asociacións sobre o uso da plataforma SUBTEL, a plataforma do organismo provincial de presentación telemática de solicitudes de subvencións.

A formación celebrarase o martes 21 de xaneiro ás 10.00 horas na aula de informática municipal.

Os interesados en participar poden inscribirse no Concello da Baña de forma presencial, ou a través do teléfono 981 886 501.

20190309 Entroido MediosO Concello da Baña organiza o 29 de febreiro o seu tradicional desfile de disfraces, comparsas e carrozas de entroido. Este ano a celebración incorpora dúas liñas de axuda como principal novidade. Ademais, nesta edición repartiranse 3.600 euros en premios, máis do dobre que na pasada.

Por unha banda, o Concello porá a disposición dos/as interesados/as un local para a creación das carrozas e realización dos traballos relacionados coa participación no desfile, así como unha axuda económica para o transporte das mesmas.

As categorías do Entroido 2020 dividiranse en carrozas, comparsas e individuais (adulto e infantil). Os gañadores dos premios grupais conseguirán 1.000 euros, no caso do primeiro posto, 500 no segundo e 200 no terceiro. Os individuais serán de 100 euros para o campión infantil, e da mesma contía para o adulto. 

Máis información no Concello da Baña.  

20191205 ReisMagos 02

Os Reis Magos de Oriente visitaron esta tarde A Baña, onde atenderon as peticións de regalos da rapazada no polideportivo municipal. As Súas Maxestades chegaron ao municipio contra as 16.30 e foron recibidos con música de gaitas, para posteriormente entregar agasallos e lambetadas a todos os nenos e nenas que asistiron ao evento.

Os pequenos tamén puideron gozar dos xogos inchables instalados na pista. O público dispuxo despois dunha merenda na que non faltaron o chocolate e o roscón, con opcións alternativas para celíacos ou intolerantes á lactosa.

Os Reis tampouco perderon a ocasión de visitar as persoas maiores nunha data tan sinalada, e fixérono acompañados das autoridades municipais.

Podes ver o album de fotos da visita das Súas Maxestades de Oriente no Facebook do Concello.