20191215 ALI1269

A novena edición do Mercadiño de Nadal da Baña atraeu ata o polideportivo de San Vicenzo a preto de corenta artesáns e comerciantes que montaron postos de artesanía, alimentación, flores e xoguetes nunha xornada na se deron cita xa nenos e nenas dende primeiras hora da mañá, para montar na zorra de Papá Noel e participar nos xogos que prepararon os membros do obradoiro de emprego Xóvenes 2019.

20191215 ALI1243

Os Campantes da Baña foron os encargados de poñer a música e animar aínda máis un ambiente festivo, no que moitos dos visitantes aproveitaron para mercar os últimos agasallos destas datas. E precisamente todas as persoas que fagan algunha compra neste Mercadiño de Nadal participan no sorteo dunha cesta chea de agasallos doados polos postos presentes no mercado.

Xa pola mañá, a cativada gozaba na ludoteca que preparou a organización e nos xogos que dinamizaban os mozos e mozas menores de 30 anos de Val do Dubra, A Baña, Negreira, e Santa Comba que participan no obradoiro de emprego Xóvenes 2019, que se están formando nas actividades de animación física, deportiva e recreativa.

E despois de xantar chegaron os espectáculos preparados especialmente para os máis novos, co ‘Autoestopista intergaláctico’ de Aitor Zamuz e o ilusionismo de Martín Camiña, aínda que o gran protagonista da xornada foi, sen dúbida, Papá Noel, que chegará as seis da tarde do seu saco cargado de ilusións e agasallos para todos os participantes.

20191215 ALI1224

No polideportivo de San Vicenzo –ata onde se trasladou o Mercadiño de Nadal por culpa do mal tempo– había postos con produtos artesáns feitos en madeira, roupa, cestos, bisutería, conchas e tamén xabóns naturais. Entre os produtos de alimentación que se poden mercar hai conservas, mel, galletas e de panadería. A todo elo engádense flores e xoguetes para que todo o mundo poida atopar os últimos regalos que facer neste Nadal.

Para xantar, pulpería Mambís encargouse de preparar polbo e churrasco para saciar os padais máis esixentes, ou algún que outro churro que do posto de Marisú. 

Papa noel

Coa tarde chegou o momento máis especial para toda a veciñanza. Os nenos e nenas (e os que non o son tanto) entragaron as súas cartas a un Papá Noel que visitou por adiantado o Concello da Baña e que ademais de escoitar as peticións da cativada, regaloulles petiscos para que recuperaran as forzas despois de dalo todo cos espectáculos de Aitor Garuz e Martín Camiña. No sorteo da cesta de Nadal, a gañadora foi Lucía Mayo López.

Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace)