13-8-2026

Fanse públicas as resolucións de alcaldia coa listas definitiva da bolsa de emprego temporal para a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais 2025-2026.

As decretos coas resolucions da alcaldía poden consultarse nas seguintes ligazóns en funcións de cada categoría

 

8-7-2026

Fanse públicas as actas número 3 da sesión do tribunal cualificador encargad odo proceso de seleccion dunha bols ade emprego para a contratación de

  • Un/ha peón/oa conductor/a forestal
  • Tres peóns/as forestais
  • Un/ha xefe de brigada forestal

As actas póden consultarse nos documentos adxuntos

 

26-6-2026

Aprobación da lista definitiva de aspirantes para a contratación de tres peóns/as forestais para a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais 2025-2026. Pódese consultar a resolución da alcaldía nesta ligazón.

Aprobación da lista definitiva de aspirantes para a contratación dun peón/oa forestal condutor/a. Pódese consultar a resolucion da alcaldía nesta ligazón.

 

 

3-06-2026

O Boletín Oficial da provincia publica na súa edición do mércores 3 de xuño a convocatoria dos procesos selectivos destinados á creación de bolsas de emprego temporal para a campaña de prevención e defensa contra os incendios forestais 2025-2026.

As convocatorias inclúen un posto de xefe/a de brigada forestal, un posto de peón/peoa forestal condutor/a e tres postos de peón/peoa forestal, ao abeiro do convenio subscrito coa Consellería do Medio Rural.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación das convocatorias no BOP.

A continuación poden consultarse as bases completas de cada procedemento e a documentación necesaria para presentar a solicitude.

8-07-2026

Faise pública a lista definitiva de aspirantes á convocatoria e proceso de seleccion por concurso-oposicion dunha bolsa de persoal de apoio destinado á Escola Infantil Municipal do Concello da Baña, en réxime de persoal laboral temporal.

A resolucion podese consultarse no taboleiro de anuncios da sede electr´nica municipal, ou premendo nesta ligazón

 

8-06-2026

O Concello da Baña aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de persoal de apoio destinada á Escola Infantil Municipal, en réxime de persoal laboral temporal.

As persoas aspirantes que figuren como excluídas dispoñen dun prazo de dez días hábiles para emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou presentar as reclamacións que consideren oportunas.

A resolución completa coa relación provisional de aspirantes pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, nesta ligazón, e no arquivo adxunto a esta nova.

 

19-5-2026

O Concello da Baña publicará nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria para a creación dunha bolsa de persoal temporal de apoio á Escola Infantil Municipal, unha necesidade derivada do cambio de categoría do Punto de Atención á Infancia (PAI) á actual Escola Infantil.

Co obxectivo de facilitar a preparación da documentación e do temario ás persoas interesadas en participar no proceso selectivo, o Concello adianta xa as bases e a convocatoria a través da sede electrónica municipal.

O sistema de selección será o de concurso-oposición e o prazo para presentar as instancias será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña.

As persoas interesadas poden consultar toda a información na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e no arquivo adxunto a esta nova.

26 de xuño de 2026

Faise pública a aprobación da bolsa de emprego do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a insercion laboral de dous (2) peóns/as forestais ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 do Concello da Baña.

A resolucion pode consultarse nesta ligazón.

 

26 de maio de 2026

O Boletín Oficial da Provincia publica na edición do martes 26 de maio o decreto de aprobación das bases que rexerán a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de dous/dúas peóns/peoas forestais ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026, da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (que pode verse nesta ligazón).

A contratación realizarase por un período de 9 meses para desenvolver a planificación preventiva, valoración forestal, limpeza de montes e limpeza e mantemento de vías.

As bases desta convocatoria poden consultarse tamén na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e nos arquivos adxuntos.

26-6-2026

Aprobación da bolsa de emprego do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a insercion laboral dun operario/a de maquinaria foestal ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Actividades o 2026 do Concello da baña.

A resolucion da alcaldía pode consultarse nesta  ligazón.

 

5-6-2026

Publícase a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral dun operario/a maquinaria forestal ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

A data e hora de realización das probas selectivas, que serán o martes 16 de xunio de 2026 a partires das 9.30 horas e que terán lugar na finca municipal da rúa Tedelle, s/n 15863 A Baña

A listaxe pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña (nesta ligazón) e nos arquivos adxuntos.

 

26-5-2026

O Boletín Oficial da provincia publica na súa edición do martes 26 de maio a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dun/dunha operario/a de maquinaria forestal, ao abeiro do programa TR351G Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Xunta de Galicia, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

A contratación realizarase por un período de 9 meses, para desenvolver o servizo de planificación preventiva, valoración forestal, limpeza de montes e reparación e limpeza e mantemento de vías.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (que pode verse nesta ligazón).

As bases da convocatoria poden consultarse tamén na sede electrónica do Concello da Baña (nesta ligazón) e nos arquivos adxuntos.

18 de xuño

O Concello da Baña aprobou a bolsa de emprego resultante do proceso selectivo convocado para a contratación dun/dunha técnico/a de normalización lingüística en réxime de persoal laboral temporal que, xestionará o Concello segundo as necesidades do servizo e, condicionada ao programa FONL/2026.

A resolución pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón.

 

5 de xuño de 2026

Publícase a listaxe definitiva de aspirantes para a contratación dun técnico/a de normalización lingüística en réxime de persoal laboral temporal ao abeiro da subvención FONL/2026, así como a composición do tribunal cualificador e a convocatoria da fase de oposición, que se realizará o venres 12 de xuño de 2026 a partir das 9.30 horas na casa consistorial do Concello da Baña.

A resolución pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón.

 

15 de maio de 2026

Faise pública a aprobación da listaxe provisional de aspirantes para a contratación dun técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.

As persoas aspirantes excluídos teñen un prazo de dez días hábiles no que poderán corrixir os defectos e formular as reclamacións á lista provisional.

As persoas interesadas poden comprobar a listaxe a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.

 

14 de abril de 2026

O Concello da Baña fai públicas a convocatoria e as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego, mediante o sistema de concurso-oposición, para a cobertura dun posto de persoal técnico de normalización lingüística, vinculada á subvención FONL/2026 da Deputación da Coruña e ao convenio de colaboración asinado entre o Concello de Negreira e o Concello da Baña (promotor), como persoal laboral temporal.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo nesta ligazón.

No arquivo adxunto pode consultarse toda a información.