• Autónomos e microempresas teñan ata o 25 de novembro para presentar a solicitude nada sede electrónica do concello
  • Quen cubrira os formularios pode presentar información complementaria cubrindo correctamente o anexo 9

A Baña. 11-11-2020.- O Concello da Baña recórdalle a autónomos e microempresas a 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐜𝐭𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐨 𝐚𝐧𝐞𝐱𝐨 𝐈𝐗, 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐚 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐨𝐮 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬. Este apartado do anexo IX é relevante para optar as axudas do PEL Reactiva que promove a Deputación da Coruña en colaboración co Concello.

As condicións das empresas forman parte dos criterios de valoración establecidos pola Deputación da Coruña, polo que se non están sinaladas axeitadamente non se puntuarán e reducirase a posibilidade de optar as subvencións. O anexo IX forma parte da documentación a cumprimentar, e pódese atopar na sede electrónica do Concello da Baña (neste enlace)

Entre os criterios que se valoran para ter acceso a subvención figura o de tipo de empresa, a forma xurídica da mesma, o número de mulleres contratadas, persoas con discapacidade ou menores de 30 anos, así como se se emprega o galego na realización da actividades.

As persoas que xa presentaran a documentación solicitando o PEL Reactiva e non cubriran adecuadamente o anexo IX (se esqueceran de marcar este criterios), poden presentar documentación complementaria antes do día 25 de novembro.

O prazo para solicitar estas axudas remata o 25 de novembro. Sigue lendo esta nova para obter máis información sobre esta convocatoria do PEL Reactiva.

 

 

Venres: 6-11-2020

Autónomos e microempresas da Baña poden solicitar desde mañá as axudas do PEL Reactiva da Deputación

  • A axuda está destinada a costear gastos correntes, arrendamentos, seguros, subministracións, material hixiénico ou adaptación dos locais fronte á covid-19 

  • As persoas interesadas deberán presentar a solicitude ata o 25 de novembro na sede electrónica do Concello

Autónomos e microempresas radicadas no municipio poden solicitar a partir de mañá no Concello da Baña as subvencións incluídas no Plan PEL Reactiva 2020 para costear gastos correntes. Este programa, cofinanciado pola Deputación da Coruña nun 80 por cento, ten como principal obxectivo impulsar a actividade económica e o emprego no municipio bañés contribuíndo a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da covid-19 nas pequenas empresas e persoas autónomas de cara á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello da Baña (preme aquí) utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida. O prazo para remitir a documentación finaliza o vindeiro 25 de novembro ás 14.00 horas.

O período subvencionable establécese entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020. As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.

Quen pode solicitar este programa de axudas

Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta o seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.

Requisitos básicos

Os requisitos básicos para acceder ao programa PEL Reactiva 2020 da Deputación da Coruña son os seguintes:

  • Ter o domicilio fiscal no Concello da Baña.
  • Non atoparse incurso en ningunha das circunstancias recollidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/20003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, TXSS, Concello da Baña, Comunidade Autónoma de Galicia e coa Deputación Provincial da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas establecidas na base 14 das reguladoras destas subvencións.
  • No caso de persoas autónomas: estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade ao 14 de marzo.
  • No caso de micropymes: a data de constitución da empresa (data de primeira inscrición no rexistro público correspondente) debe ser anterior ao 14 de marzo.

Gastos subvencionables

Con cargo a esta liñas de axudas, as persoas autónomas e empresas poderán obter financiación para facer fronte aos gastos correntes seguintes (o IVE non é subvencionable):

  • Compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza
  • Adaptación de locais ás medidas de protección fronte á covid-19
  • Arrendamentos e canons
  • Primas de seguros (responsabilidade civil, accidentes)
  • Subministracións (auga, gas, combustibles, electricidades)

As bases da convocatoria poden atoparse nos seguintes enlaces ao Boletín Oficial da Provincia (BOP):

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/12/2020_0000005589.pdf 

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/11/06/2020_0000007937.pdf