• As solicitudes pódense presentar a partir de mañá e ata o 30 de setembro

20200204 Cuidadores dependencia

 

Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde da Consellería de Política Solicial pola que se establecen as bases para conceder axudas económicas para o exercicio 2020, en réxime de concorrencia competitiva, ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa de Respiro Familiar para persoas coidadoras. As solicitudes pódense presentar a partir de mañá e ata o 20 de setembro.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e axuda no departamento de Servizos Sociais do Concello.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha persoa con necesidades especiais de atención persoal.

Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:

  1. Que ben o coidador ou ben a persoa que se atende sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Que a persoa que se coida presente calquera das seguintes situacións:

i) Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade igual ou superior ao 75 %.

ii) Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.

iii) Que a persoa que se coida presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

c. Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do último exercicio.

Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tipo de axuda e contía

A convocatoria recoñece dous tipos de axuda de respiro familiar, que pode ser no fogar da persoa dependencia en nunha residencia.

1. Modalidade Respiro no fogar.

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención a maiores a domicilio para atender necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados. A través desta modalidade, prevista para dar resposta ás demandas concretas das familias por espazos de tempo definidos e non moi longos, prestarase unha atención integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade co obxectivo de manter a estas persoas no seu domicilio e ofertar ao seu coidador habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para cubrir as súas necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan.

A axuda consiste nunha achega para contribuír ao pagamento do importe dos citados servizos a domicilio, cuxa contía estará determinada en función da renda per cápita da unidade familiar.

2. Modalidade de respiro en residencia.

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados. Para dar resposta á necesidade de descanso da persoa coidadora, esta modalidade establece a posibilidade de que a persoa en situación de dependencia ou con discapacidade poida acceder temporalmente a un centro residencial dotado dos recursos necesarios para prestarlle unha atención integral.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitude comezará o 5 de febreiro e finalizará o 30 de setembro de 2020.