O Concello da Baña elaborou unha enquisa para coñecer o interese real das familias en que se poña en marcha un campamento para as crianzas durante as vacacións escolares do Nadal, coa fin de ofertar unha proposta de conciliación para os pais e nais que teñan que traballar.
Este campamento desenvolveriase polas mañás durante un total de sete días: 28, 29, 30 e 31 de decembro, así como 4, 5 e 7 de xaneiro.
A enquisa está destinada a saber cantos nenos e nenas do municipio participarían nas actividades deste campamento, en que datas concretas acudirían e se as familais lles presta máis que se estenda ata as 13:00 horas ou as 14:00 horas. A hora de comezo é ás 9:00.
O campamento de Nadal súmase ao que ten lugar durante o verán coma unha iniciativa máis destinada a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.