A Deputación da Coruña financiou ao departamento de Servizos Sociais da Baña cunha achega de 65.920 durante o pasado ano 2022. Esta subvención enmárcase no programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais do organismo provincial e axudou a pagar ao persoal técnico (22.000 euros) e administrativo (18.000 euros), así como a sufragar o custo salarial dun total de 2.160 horas de axuda a domicilio en libre concorrencia. 

As axudas publicáronse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 20 de abril de 2022