O alcalde da Baña quérelle aclarar a todos os veciños e veciñas que dende o Concello non se ofrece servizo de fisioterapia á veciñanza. Ata as oficinas municipais chegou a información de que hai unha empresa que está a visitar casas do municipio, indicando que dende o concello se ofrece fisioterapia gratuíta.
Ante a posibilidade de que se trate dunha estafa, o alcalde asegura que o Concello non ten asinado convenio con ningunha empresa para ofrecer o servizo de fisioterapia ou similar, polo que lle pide aos veciños e veciñas que se informen ben antes de aceptar ditos servizos.