O Imserso abriu o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Termalismo 2019, que ten como obxectivo ofrecer tratamentos termais a pensionistas do sistema da Seguridade Social a prezos reducidos. Así, pensionistas que desexen participar nalgunha das quendas programadas para o período que vai de febreiro a decembro do vindeiro ano, poden formular xa a súa solicitude no departamento de Servizos Sociais do Concello da Baña ou por algunha das outras vías recoñecidas, como a telemática, a través da sede electrónica do Imserso.
Ademais do tratamento termal, o programa inclúe servizos que van do aloxamento e manutención (con pensión completa e cuarto compartido) ata as actividades de ocio e tempo de lecer. Tamén inclúe unha póliza de seguros. Porén, os desprazamentos deben efectualos as persoas usuarias. Respecto ás quendas, poden ser de 12 días (11 noites) ou de 10 días (9 noites).
Os tratamentos termais axudan a previr, rehabilitar e recuperar funcións e evitar tratamentos máis lesivos. As augas dos balnearios poden aplicarse a afeccións do aparato locomotor, respiratorias, dermatolóxicas, dixestivas, renais e para combater o estrés.
Poden beneficiarse do Programa de Termalismo do Imserso 2019:
- Pensionistas de xubilación o incapacidade permanente.
- Pensionistas de viuvez con 55 anos cumpridos.
- Pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade.
- Aseguradas ou beneficiarias dos sistema da Seguridade Social español con máis de 65 anos de idade.
As persoas solicitantes poder ir acompañadas do seu cónxuxe ou persoa coa que conviva en relación de parella, dun fillo ou filla que acredite un grado de discapacidade igual ou superior ao 45%.
Ademais, para poder participar é preciso cumprir uns requisitos, tales como non padecer alteracións de comportamento nin enfermidade transmisible con risco de contaxio, poder valerse para as actividades da vida diaria, precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos e, finalmente, alcanzar a puntuación precisa segundo o baremo.
As solicitudes para participar nas quendas que van de febreiro a agosto poden presentarse ata o día 11 de xaneiro de 2019, se ben o prazo de presentación de solicitudes para asistir ás quendas de setembro a decembro pecha o 17 de maio de 2019.
Máis información e solicitudes:
Páxina web do Imserso: http://www.imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/termalismo/index.htm
Servizos Sociais do Concello da Baña: Praza do Concello s/n 15863 A Baña. Teléfono 981 886 501