• A Baña inclúe no POS unha plataforma para a numeración dixital das vivendas e obras por 112.000 euros

    • A partida reservada a gastos correntes é de 119.000 euros e 14.714 para reducir débeda cos bancos

    • A petición no POS+ adicional para gastos sociais ascende a 68.000 euros

    • Os investimentos financeiramente sostibles do Plan Complementario ascenden a 1.400.000 euros

O Pleno da Corporación da Baña aprobou na sesión ordinaria de onte pola noite a relación de obras e gastos para incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS+) por un montante total de 323.454 euros, aos que se engaden os algo máis de 68.000 euros para gasto social do POS+ Adicional, e 1,4 millóns de euros en investimentos financeiramente sostibles do Plan Complementario. Estes puntos foron aprobados por unanimidade, a pesar das críticas do grupo socialista por non telos chamado para negociar os proxectos. A moción de PSdeG para modificar o ICIO (imposto de obras) establecendo dous tramos diferentes foi rexeitada pola existencia de xurisprudencia que declara ilegal esta medida. 

Dos 190.000 euros destinados a investimento, o alcalde destacou a partida de 76.521 euros que lle vai permitir ao Concello da Baña contar cunha plataforma de numeración dixital para as vivendas do municipio, “algo moi necesario para actualizar os números de todas as casas e evitar os problemas que hai co Catastro e co Instituto Nacional de Estatística, porque temos problemas coa numeración”. Outros 112.550 euros están reservados para a execución do saneamento en Xasoso-Castiñeira (46.328) e a pavimentación da estrada do Cruceiro-Canle-Paraxó (66.222).

O Concello da Baña tamén solicita 14.714 euros para reducir débedas coas entidades financeiras e outros 119.669 para gastos correntes, o que eleva a un total de 323.456 euros as solicitudes do Plan Único de Concellos (POS+) para este ano.

Polo que respecta ao POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios deste ano, pídense algo máis de 68.000 euros en catro partidas. 25.000 euros destinaranse a emerxencia social, 34.666 a ampliar o servizo de axuda no fogar, 3.500 a atender a persoas vulnerables e 5.500 euros a equipamento técnico asistencial, segundo o informe emitido polos técnicos.

No Plan complementario inclúense investimentos financeiramente sostibles por un montante global de 1.399.963 euros. Na relación de obras deste plan figuran o saneamento de Liñares-San Salvador; a mellora da capa de rodaxe das pistas de Liñares a Carballeira Ermida-Francos, Marcelle (estación)-Reguengo (Suevos), San Cibrán-Chantada, Vilar de Cerdeiras-Corneira e a de Troitosende ao límite con Ames. A mellora de viarios en Guende e a pavimentación de accesos a Buchaín-Nantón e dunha estrada en Edreira completan os proxectos.

No debate, dende o equipo de goberno (PP e Compromiso) defendeuse que se trataba dun plan equilibrado que trata de atender as necesidades de todas as parroquias. Pola súa banda, o grupo socialista criticou que non se lles convocara para consensuar a relación de obras e que non se teña en conta a opinión da oposición, aínda que finalmente votaron a favor, polo que se aprobaron por unanimidade os dous puntos relacionados co POS.

O equipo de goberno rexeito a moción do PSdeG solicitando que se modifique a ordenanza reguladora do Imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) para facer dous tramos. A proposta consistía en manter o 2% actual para obras de menos de 2 millóns de euros e aplicar un 4% ás que superen ese orzamento, coa intención de penalizar a instalacións de parques eólicos.

O concelleiro César Ramos argumento que o goberno rexeitaba esta medida porque hai xurisprudencia que a considera ilegal. Segundo aclarou no pleno, a sentencia do Tribunal Constitucional 221/92 e unha consulta vinculante a Secretaría General de Tributos de 2018 din que non se poden establecer dous tipos de taxa diferente no ICIO. Andrés García Cardeso reforzou esta postura sinalando que o Concello non pode tomar un acordo contrario á lexislación e invitou ao portavoz socialista a presentar informes xurídicos que avalen a súa petición.

Antes do capítulo de rogos e preguntas, o alcalde informou á Corporación que a Xunta detectou deficiencias nunha inspección que fixo o pasado día 4 no Punto de Atención á Infancia (PAI) que viñan da anterior etapa de goberno socialista e que se intentarían arranxar o antes posible.

  • O deputado Antonio Leira visita o Concello da Baña e anuncia que o organismo provincial aprobará a subvención no vindeiro pleno

  • Compromete tamén a concesión doutros 175.000 euros para unha segunda fase dos traballos

visita antonio leira

O deputado provincial Antonio Leira visitou esta mañá o Concello da Baña e anunciou, nunha reunión co alcalde, o compromiso da Deputación da Coruña de aprobar no pleno de novembro deste organismo a concesión dunha partida de 200.000 euros para arranxar a estrada que vai de Vilar de Torre a Paramos.

Antonio Leira informou ao rexedor bañense, José Antonio Pereira, de que a Deputación provincial lle vai conceder ao Concello da Baña unha subvención total de 375.875,06 euros para financiar a mellora da pavimentación da vía pública que discorre entre Vilar da Torre e Paramos. Ao vindeiro pleno do organismo provincial levarase a primeira fase de execución dos traballos, orzamentada en 200.000 euros. Quedarán pendentes de outorgar despois, de cara a unha segunda fase, outros 175.875,06 euros. Estas dúas cantidades cubrirán un 80 por cento do total dos 469.843,83 euros que custa a obra.

 

Venres, 22 de outubro de 2021

Fanse públicas as puntuacións definitivas das persoas candidatas a director/a, mestre/a de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, mestre/a de Operacións auxiliares de revestimentos contínuos en construción, titor/a e auxiliar administrativo/a para o obradoiro de emprego dual Promoción 2021.

Os resultados pódense consultar en documento adxunto

 

Martes, 19 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados provisionais totais das persoas candidatas a director/a, mestre/a de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, mestre/a de Operacións auxiliares de revestimentos contínuos en construción, mestre/a de educación de adultos e  auxiliar administrativo/a para o obradoiro de emprego dual Promoción 2021.

Os resultados pódense consultar en documento adxunto

 

Martes, 19 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados definitivos das persoas candidatas a alumnado do obradoiro de emprego dual Promoción 2021.

Os resultados pódense consultar en documento adxunto.

 

Venres, 15 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados da entrevista das persoas candidatas ao posto de mestre/a de Operacións auxiliares de revestimentos contínuos en construción para o obradoiro dual de emprego "Promoción 2021".

Os resultados pódense consultar en documento adxunto.  

 

Venres, 15 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados da entrevista das persoas candidatas ao posto de mestre/a de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes para o obradoiro dual de emprego "Promoción 2021".

Os resultados pódense consultar en documento adxunto.  

 

Venres, 15 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados da entrevista das persoas candidatas ao posto de titor/a para o obradoiro dual de emprego "Promoción 2021".

Os resultados pódense consultar no documento adxunto.  

 

Xoves, 14 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados da entrevista das persoas candidatas ao posto de auxiliar administrativo/a para o obradoiro dual de emprego "Promoción 2021".

Os resultados pódense consultar no documento adxunto

 

Xoves, 14 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados da entrevista das persoas candidatas ao posto de director/a para o obradoiro dual de emprego "Promoción 2021".

Os resultados pódense consultar no documento adxunto

 

Mércores, 13 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados provisionais das persoas candidatas preseleccionadas como alumnado para o obradoiro de emprego dual "Promoción 2021", correspondentes aos concellos de Santa Comba e de Val do Dubra.

Os resultados pódense consultar no documento adxunto.

 

Venres, 8 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados da entrevista das persoas candidatas preseleccionadas como alumnado pra o obradoiro de emprego dual "Promoción 2021", correspondentes aos concellos de Santa Comba e de Val do Dubra.

Os resultados pódense consultar no documento adxunto.

 

Xoves, 7 de outubro de 2021

Fanse públicos os resultados da entrevista das persoas candidatas preseleccionadas como alumnado pra o obradoiro de emprego dual "Promoción 2021", correspondentes aos concellos da Baña e de Negreira.

Os resultados pódense consultar no documento adxunto.

 

Venres, 1 de outubro de 2021

Fanse públicas as bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal directivo, docente e administrativo de apoio do obradoiro de emprego 'Promoción 2021'

As bases pódense consultar no documento adxunto.

 

Venres, 17 de setembro de 2021

A Oficina de Emprego Santiago Norte será a encargada de facer a preselección do alumnado traballador do Obradoiro de Emprego Dual Promoción 2021 que impulsa o Concello da Baña xunto cos de Negreira, Santa Comba e Val do Dubra. Seleccionaranse un total de 20 persoas maiores de idade e inscritas como demandantes de emprego. Dez delas cursarán a especialidade formativa de Actividades Auxiliarias en Conservación e Mellora de Montes e outras dez formaranse en Revestimentos Continuos en Construción. O obradoiro terá unha duración de nove meses.

As persoas interesadas en participar neste obradoiro dual poderán inscribirse facendo constar na súa demanda algunha das seguintes opcións: Escolas taller (código 320), Casa de oficios (330), Taller de emprego (340), Outros programas de emprego e formación dual (370) ou Supensión específica de programas experimentais de emprego (699).

A Oficina de Emprego Santiago Norte atende con cita previa. Hai que solicitala no enderezo electrónico www.emprego.xunta.es/citaprevia

  • O alcalde, José Antonio Pereira, asistiu hoxe ao acto de inauguración

  • Impúlsano os concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra, que aportan cinco alumnos cada un

  • O revestimento da escola unitaria de Corneira será outro dos traballos que se acometeran durante os nove meses de formación

20211028 inauguracion obradoiro dual emprego

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, asistiu esta mañá ao acto de inauguración do obradoiro dual de emprego “Promoción 2021”, impulsado polos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra co obxectivo de ofrecer formación e traballo a persoas maiores de idade desempregadas, á vez que se realizan obras de mellora e limpeza das infraestruturas públicas nestes catro municipios.

O obradoiro, que se desenvolverá durante nove meses ata o 27 de xullo de 2022, conta con dúas especialidades e un total de vinte alumnas e alumnos, cinco por cada concello. No caso da Baña, Isabel Cobas e María Asunción Rodríguez cursarán o certificado de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Pola súa parte, José Francisco Alfonso, Rocío Tuñas e Fernando Iglesias desempeñaranse en Operacións auxiliares en revestimentos contínuos.

Os traballos previstos comprenden o mantemento das área recreativas de Fiopáns, Chans e Chousa (Lañas), a creación dun parque micolóxico na finca Agro do Miñana no Barro, a limpeza e rozadoira da Vía Mariana e o revestimento da escola unitaria de Corneira.

20211028 cartel informacion servizos financeirosA Escola Galega de Consumo ofrecerá o xoves 28 de outubro un obradoiro sobre servizos financeiros na Escola Municipal de Música da Baña, en San Vicenzo.

Nesta charla, de entrada libre e gratuíta, resolveranse dúbidas sobre hipotecas, avais ou comisións e tratarase tamén sobre como facer xestións no caixeiro e na banca electrónica. O obradoiro comezará ás seis da tarde.