- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1263
Ficheiros:
Campamentos_Deportivos_2015.pdf
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1308
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1273
Queres colaborar como voluntario/a no teu concello durante o verán?
O CONCELLO DA BAÑA BUSCA 8 VOLUNTARIOS/AS PARA APOIAR AS ACTIVIDADES DO CAMPAMENTO URBANO DOS MESES DE XULLO E AGOSTO DE 2015
Ao abeiro da Orde do 7 de abril de 2015 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2015, o Concello da Baña selecciona 8 voluntarios/as para apoiar as actividades do Campamento urbano nos meses de xullo e agosto do 2015.
Despois do éxito da experiencia do ano 2014, animamos ás mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos de idade, empadroadas/os no Concello da Baña, a que participen neste proxecto relacionado co tempo libre e que favorece a conciliación da vida familiar e laboral da veciñanza.
Cada participante obterá unha dotación de 6 euros por día que exerza como voluntaria/o para gastos de manutención e transporte (cun mínimo de 6 horas ao día e por un total de 60 días). Durante o tempo de execución do proxecto, as persoas voluntarias terán cobertura do seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
Ao finalizaren os proxectos, as persoas voluntarias que participen neles obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado de educación non formal acreditativo da acción voluntaria desenvolvida.
As persoas voluntarias que concorresen á mesma convocatoria en anos anteriores non poderán volver a participar.
Valorarase ter formación ou coñecementos no ámbito relacionado coa actividade.
As persoas interesadas deberán cubrir a SOLICITUDE e entregala no concello, ata o venres 8 de maio de 2015, xunto cunha copia do DNI a través das seguintes vías:
- Por correo electrónico, no enderezo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. (Indicarase no asunto: Voluntariado na Baña).
- Persoalmente nos Departamentos de Cultura e/ou Emprego do Concello da Baña (na planta alta).
- No caso dos/as menores de idade, será preciso achegar tamén copia do DNI e autorización do/a pai/nai/titor/a legal.
Máis información nos teléfonos: 981 886 501 – 607 721 711
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1281
O pasado xoves, 7 de maio, arredor de 130 nenos e nenas das escolas infantís da comarca de Barcala participaron no intercambio anual na Baña que esta vez estivo centrado no proceso de elaboración do pan, desde que se moe a fariña ata que se mete no forno da panadería.
Como novidade, este ano ampliouse o número de centros participantes; xunto coas escolas infantís de Aro, Lañas e San Vicenzo incorporouse parte do alumnado de infantil do CEIP O Coto a esta actividade organizada polo Concello da Baña e a EEI de Lañas.
Para poder realizar esta actividade, todos os anos colaboran de maneira desinteresada empresas e veciños do Concello da Baña co fin de que o alumnado poida achegarse ás tarefas que realizan habitualmente. Nesta ocasión volveron participar a panadería O Barro e Pepe, o muiñeiro do muíño de Ponte Calexa, así como Feiraco que achegou os batidos de chocolate para a merenda dos nenos e nenas.
Comezaron a mañá reuníndose na área recreativa de Chans co fin de compartir con Urxa, a trasno da biblioteca da Baña, as vivencias do ano pasado e o contacontos Urxa, a trasno da Baña. Urxa serve de punto de enlace e de continuidade desta actividade. Logo, visitaron a panadería O Barro; amasaron na masa do pan no local social do Barro, onde tamén merendaron; recolleron cadanseu bolo de pan e remataron a xornada de convivencia en Fiopáns visitando e vendo como funciona o muíño de Ponte Calexa e xogando á busca do tesouro polos camiños dos arredores.
Esta foi unha boa ocasión para que o alumnado das escolas infantís se coñecesen, interactuasen e se enriquecesen coas experiencias dos profesionais dos distintos oficios do Concello da Baña que xenerosamente ofrecen o seu tempo e a súa simpatía.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: axenda
- Visitas: 1281
Anímate e participa o venres, 24 de abril, ás 17.00 h na casa de cultura do Concello da Baña. Ademais, ás 19.00 h poderás gozar do guiñol Nun recuncho do monte de Ti e mais Eu Teatro.
Ficheiros: