A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2013.
Persoas destinatarias: alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, na Comunidade Autónoma Galega, de 1º a 4º ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao superior con módulo de lingua estranxeira.
Requisitos: Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
Nota mínima na lingua estranxeira de ben ou 6 no curso 2011/2012.
Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2011/2012.
Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, exento menores de 14 anos.
Prazo de solicitude: 22 de marzo ata o 22 de abril (incluídos)
Máis información: www.edu.xunta.es/axudasle
Educadora familiar do Concello da Baña