A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas libres para obter títulos de ciclos formativos de formación profesional (LOE). Ano 2013.
Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 16/04/2013)
Requisitos:
- Ter 18 anos para optar aos títulos de técnico e 20 anos para optar aos títulos de técnico superior ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.
- Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
- Non estar nin ter estado matriculado/a en ningunha ensinanza do sistema educativo no presente curso académico.
- Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes:
A presentación de solicitudes poderá facerse do 19 ao 30 de abril, ata as 13 horas.
O lugar de presentación será a secretaría de calquera centro público de formación profesional, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Máis información sobre a documentación necesaria, impresos de solicitude, calendario do proceso, ciclos, centros e número de prazas en:
http://www.edu.xunta.es/web/node/9112
Educadora familiar do Concello da Baña