• Quedan prazas en tenis de mesa, expresión corporal, patinaxe, karate, pilates e xadrez

  • Baile moderno ten completo o aforo e zumba non acadou o mínimo de participantes

  • As clases de patinaxe desenvolveranse finalmente martes e xoves

As Escolas Deportivas da Baña pecharán o prazo de inscrición para o curso 2020/2021 o día 30 de outubro. Agora mesmo xa non se pode solicitar baile moderno por ter completo o aforo e hai que subliñar tamén que non se oferta zumba porque non chegou ao mínimo de inscritos para facer grupo. 

Ademais, cambian os días das clases de patinaxe artística se ben manteñen o horario. Así, faranse martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas.

As actividades aínda con prazas son tenis de mesa, expresión corporal, patinaxe, karate, pilates e xadrez (esta última de forma online) e a inscrición pode facerse de tres xeitos diferentes: na sede electrónica do Concello da Baña, na Concellaría de Deportes ou enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Os formularios que hai que remitir son a ficha de inscrición, a domiciliación bancaria e unha declaración responsable por causa da covid-19.

O prezo de cada actividade (agás xadrez), con dúas clases á semana, é de 60 euros para todo o curso. Se se elixen dúas ou máis, o prezo será de 90 euros.

Os formularios de inscrición pódense descargar no seguinte enlace: https://cutt.ly/YglDTea

20201020 NOVOS HORARIOS ESCOLAS DEPORTIVAS