• Se hai reclamacións estas terán ata o 23 de xuño para ser presentadas

20220611 cartel campamento veran

28 de xullo de 2022

Queda publicada a lista definitiva de admitidos e admitidas para as quendas de agosto nos campamentos infantís de verán 2022.

O listado pode descargarse nesta mesma páxina.

 

23 de xuño de 2022

Queda publicada a lista definitiva de admitidos e admitidas para os campamentos infantís de verán 2022. As persoas admitidas teñen 10 días para efectuar o pago da matrícula.

O listado pode descargarse nesta mesma páxina.

 

21 de xuño de 2022

Queda publicada a lista provisional de admitidos/as nos campamentos infantís de verán 2022. Os interesados/as poderán presentar reclamacións ata o día 23 de xuño. O listado pode consultarse no arquivo adxunto.

 

10 de xuño de 2022

As familias con fillas e fillos de entre 3 e 14 anos xa poden solicitar praza para participar no campamento de verán organizado polo Concello da Baña para facilitar a conciliación durante as vacacións estivais. O prazo, aberto hoxe día 10, remata o luns 20 de xuño.

En horario de mañá, entre as 8.30 e as 14.30 horas, nenas e nenos poderán gozar de distintas actividades e xogos que se desenvolverán na Agra de Chans dende o 4 de xullo ata o 2 de setembro. O servizo desenvolverase por quendas mínimas de dúas semanas: do 4 ao 15 de xullo, do 18 a o 29 de xullo, do 1 ao 12 de agosto e do 16 de agosto ao 2 de setembro.

O prezo, establecido en base á ordenanza fiscal do ano 2012, será de 100 euros ao mes (50 por quincena) para as persoas empadroadas na Baña e de 193 euros para as doutros concellos. O segundo fillo/a terá un 25% de desconto (75 euros para empadroados e 145 para non empadroados) e o terceiro gozará dunha rebaixa da metade do prezo (50 e 96 euros, respectivamente). Ademais, aquelas familias que teñan ingresos iguais ou inferiores a dúas veces o IPREM contarán con prezos especiais.

Para facer as solicitudes, haberá que cubrir a ficha de inscrición e presentala no Rexistro Xeral do Concello ou por sede electrónica. A listaxe de menores admitidos publicarase nas oficinas municipais e nesta páxina web para que as persoas que o consideren poidan presentar reclamacións, de ser o caso. Para poder participar no campamento, será necesario o abono das taxas correspondentes entre o 28 de xuño e o 1 de xullo na conta ES26 0238 8191 8806 6000 1061.

O formulario de inscrición e as bases da convocatoria pódense descargar nos arquivos que se achegan.