6 de setembro de 2023

O Concello da Baña publica a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de alumnado admitido no programa de madrugadores do CPI San Vicente para o curso 2023-2024. A listaxe pode consultarse nesta ligazón e en arquivo adxunto. 

 

28 de agosto de 2023
 
O Concello da Baña abre hoxe o prazo de inscrición para o programa A Baña madruga para facilitar a conciliación das familias con menores escolarizados no CPI San Vicente da Baña e desenvolver un proxecto educativo para fomentar hábitos saudables e valores de respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade. 
 
O servizo vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos e ofértanse un total de 15 prazas, das cales unha estará reservada para supostos de emerxencia social.
 
Este servizo ofrecerase dende setembro do 2023 ata xuño do 2024 (ambos incluídos), coincidindo co calendario escolar anual nun horario de 7:30 a 9:15 horas. 
 
O prazo de inscrición é de 7 días naturais. Se quedaran prazas libres manterase aberta ao longo do curso.
 
A contía do servizo é de 40 euros mensuais pola gardería e de 50 en caso de engadir almorzo. A utilización ocasional quedará supeditada á existencia de prazas suficientes cun custe de 4 euros ao día por gardería e almorzo. 
 
As familias numerosas que así o acrediten disporán dun desconto do 20% nos prezos.
 
As bases de funcionamento deste servizo e a ficha de inscrición poden descargarse nos arquivos adxuntos.