9 de agosto de 2024

Faise pública a listaxe definitiva de rapazas e rapaces admitidos no campamento de verán de conciliación organizado polo Concello da Baña, que se desenvolverá en Forcarei do 26 de agosto ao 4 de setembro. Ábrese agora un prazo de 7 días naturais para efectuar o pagamento de acordo coas cotas establecidas nas bases. 

A listaxe e as cotas poden consultarse en documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

Esta actividade está financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdade e para a Erradicación da Violencia contra as Mulleres, no marco do Plan Corresponsables para o exercicio 2024.

 

5 de agosto de 2024

Faise pública a listaxe provisional de rapazas e rapaces admitidos no campamento de verán de conciliación organizado polo Concello da Baña, que se desenvolverá en Forcarei do 26 de agosto ao 4 de setembro. Ábrese agora un prazo de 7 días naturais para efectuar o pagamento de acordo coas cotas establecidas nas bases, e que se detallan no documento segundo participante.

A listaxe e as cotas poden consultarse en documento adxunto ou premendo nesta ligazón. 

 

29 de xullo de 2024

O Concello da Baña organiza un campamento de dez días en Forcarei para menores de entre 8 e 16 anos

  • Desenvolverase no campamento xuvenil Pontemaril entre o 26 de agosto e o 4 de setembro

  • O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 2 de agosto

O Concello da Baña organiza un campamento en Forcarei do 26 de agosto ao 4 de setembro para menores de entre 8 e 16 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 2 de agosto.

Coa finalidade de facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións escolares e ofrecerlle alternativas de lecer á rapazada, o Concello da Baña promove un campamento de dez días de duración na localidade pontevedresa de Forcarei. Este campamento levarase a cabo dende o luns 26 de agosto ata o mércores 4 de setembro e poderán participar no mesmo rapazas e rapaces de entre 8 e 16 anos.

O campamento terá un prezo xeral de 140 euros. No caso de irmáns, o segundo pagará 105 euros o terceiro 70 euros. As familias con rendas inferiores a dúas veces o IPREM contarán con bonificacións e pagarán 40 euros por un fillo, 30 euros polo segundo e 25 polo terceiro.

O prezo inclúe aloxamento no campamento xuvenil Pontemaril de Forcarei, manutención e actividades. A rapazada estará en todo momento baixo a supervisión de monitores. Os traslados de inicio e final do campamento correrán por conta dos participantes.

As solicitudes formalizaranse coa presentación no rexistro da Baña, preferiblemente por sede electrónica. A solicitude incluirá a ficha de inscrición debidamente cuberta, así como os anexos médico e de autorización de imaxes. Estes documentos acompañaranse do DNI do menor ou do Libro de Familia, así como da tarxeta sanitaria.

Terán preferencia as nenas e nenos de familias empadroadas na Baña e os menores que sexan fillos de persoal municipal.

Pode solicitarse máis información no departamento municipal de Cultura chamando ao teléfono do Concello da Baña 981 886 501.

As bases, a ficha de inscrición e os anexos poden descargarse no documento adxunto.