Alcaldes, concelleiros ou representantes de entidades de sete países europeos asinaron esta mañá no pazo de Cores, na Baña, o documento de irmandamento polo que se comprometen a seguir estreitando vínculos para “avanzar na construcción da Europa dos cidadáns”. O Concello da Baña foi o municipio anfitrión e quen presentou o programa que foi aprobado pola Unión Europea coa finalidade de “unir pobos e cidades”, como recoñeceu na súa intervención o alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, unha unión que, engadiu, servirá “tamén para erradicar a lacra da violencia de xénero”.
Nesta iniciativa participaron os concellos da Baña, Pinhel (Portugal), Fodachelli Fantina (Sicilia-Italia), Saint Vincent (Italia), Holloko (Hungría), Raunas (Letonia) e a Fundación of Pi Porlith (Lituania) e a Asociación Iran (Eslovaquia). No acto de onte estaban tamén presentes os alcaldes e alcaldesas de Santa Comba, Melide, A Laracha e Rodeiro, e concelleiros da Corua, Boqueixón, Negreira e Teo, a demáis da deputada provincial Mariel Padín.
A vicealcaldesa do concello de Pinhel, Daniela Capela, destacou na súa intervención en español e inglés “a importancia de que a globalización non sexa só económica, senón tamén das persoas, para o que é preciso coñecernos todos un pouco máis”.
O programa Europa para os Cidadáns pretende reforzar os lazos culturais entre veciños de pozos e cidades europeas a través da convivencia e o coñecemento recíproco. É unha aposta decidida da Comisión Europea para unir pobos e establecer lazos de diálogo para a cooperación en materia de xuventude, cultura e economía. Dende o ano 2014 participaron neste programa os concellos galegos da Baña, A Laracha, Padrón, Curtis, Santa Comba e Dodro, convertendo a Galicia nunha das comunicades autónomas máis activas neste programa.
As delegacións dos seis países, que levan na Baña dende o pasado martes, día 13, e que marcharán mañá, domingo, visitaron o Parlamento de Galicia, a Dirección Xeral de Xuventude, a Deputación da Coruña, o Ézaro e Fisterra (en costa da Morte), A Coruña e Santiago.
Nas intervencións, varios dos participantes agradeceron o traballo realizado por Cristina Pazos e Rocío Fraga (redactoras do proxecto aprobado ao Concello da Baña), así coo de José Manuel Neira, un dos grandes promotores dos intercambios europeos da Dirección Xeral de Xuventude.
Ao remate do acto protocolario, as diferentes delegacións intercambiaron regalos institucionais de recordo e participaron nun xantar no que cada unha delas aportou pratos típicos dos seus país. As filloas da Pedra da Baña foron tamén protagonistas nesta ocasión, ao igual que As Pandeireteiras da Baña, que amenizaron o acto con música tradicional galega.
El proyecto «Intercultural coexistence, strength Europe» ha sido financiado por la Unión Europea en el marco del programa "Europa con los ciudadanos"
Album de toso no Facebook do Concello da Baña (preme neste enlace)