- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 2326
O Concello da Baña organiza o 16 de febreiro unha feira de cans de caza na finca municipal da rúa Tedelle, detrás do CPI San Vicente. A xornada comezará ás 8.00 horas e rematará ás 13.30 coa entrega de premios das diferentes categorías. O prazo de inscrición remata o 11 de febreiro.
O evento dará comezo ás 10.00 horas aínda que os participantes poderán acomodarse no recinto a partir das 8.00 horas. Ás 13.30 será a entrega de premios.
A feira de cans de caza de A Baña contará con 6 categorías entre as que se repartirán os premios de caza maior, caza menor, pluma, mellor manda de cans, mellor camada de cachorros e o galardón espcial ao mellor can da feira.
Ao rematar todos os asistentes están convidados á XVII Festa da Filloa da Pedra no pavillón municipal, na que poderán degustar este prato típico da Baña , de música e de xogos de todo tipo para a cativada.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1598
O Concello da Baña organiza o 29 de febreiro o seu tradicional desfile de disfraces, comparsas e carrozas de entroido. Este ano a celebración incorpora dúas liñas de axuda como principal novidade. Ademais, nesta edición repartiranse 3.600 euros en premios, máis do dobre que na pasada.
Por unha banda, o Concello porá a disposición dos/as interesados/as un local para a creación das carrozas e realización dos traballos relacionados coa participación no desfile, así como unha axuda económica para o transporte das mesmas.
As categorías do Entroido 2020 dividiranse en carrozas, comparsas e individuais (adulto e infantil). Os gañadores dos premios grupais conseguirán 1.000 euros, no caso do primeiro posto, 500 no segundo e 200 no terceiro. Os individuais serán de 100 euros para o campión infantil, e da mesma contía para o adulto.
Máis información no Concello da Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1152
Os Reis Magos de Oriente visitaron esta tarde A Baña, onde atenderon as peticións de regalos da rapazada no polideportivo municipal. As Súas Maxestades chegaron ao municipio contra as 16.30 e foron recibidos con música de gaitas, para posteriormente entregar agasallos e lambetadas a todos os nenos e nenas que asistiron ao evento.
Os pequenos tamén puideron gozar dos xogos inchables instalados na pista. O público dispuxo despois dunha merenda na que non faltaron o chocolate e o roscón, con opcións alternativas para celíacos ou intolerantes á lactosa.
Os Reis tampouco perderon a ocasión de visitar as persoas maiores nunha data tan sinalada, e fixérono acompañados das autoridades municipais.
Podes ver o album de fotos da visita das Súas Maxestades de Oriente no Facebook do Concello.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1397
A Deputación da Coruña organiza unha xornada gratuíta de formación para asociacións sobre o uso da plataforma SUBTEL, a plataforma do organismo provincial de presentación telemática de solicitudes de subvencións.
A formación celebrarase o martes 21 de xaneiro ás 10.00 horas na aula de informática municipal.
Os interesados en participar poden inscribirse no Concello da Baña de forma presencial, ou a través do teléfono 981 886 501.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1269
O Concello da Baña e a Escola de Música Tradicional organizaron un ano máis a Troula de Nadal, coa colaboración da ACM Os Campantes da Baña. O sábado, 28 de decembro, a música tradicional foi a protagonista nunha velada na que participaron os grupos: Escola de Música Tradicional da Baña, Escola de Pandeireta de Negreira, Grupo de Acordeóns da A.C. Coto da Nai de Aríns; Gaiteiros de Axio Mouro de Santa Comba; Pandereteiras da Baña, Son de Gaita de Sergude e Os Pequenos da Baña. Numerosas persoas achegáronse ata a Escola de Música para bailar, cantar e conversar cos amigos (ver o vídeo resumen neste enlace).

