- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 992
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia permanecerá diante do Centro de Saúde o luns, 30 de abril, de 10.00 a 14.30 h.
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1012
VIII CERTAME DE COCIÑA DE FILLOAS DA PEDRA
01 DE ABRIL DE 2012
O Concello da Baña, como actividade enmarcada dentro da programación que se vai realizar na IX Festa da Filloa da Pedra, convoca o VIII CERTAME DE COCIÑA DE FILLOAS DA PEDRA, co patrocinio da Fundación Feiraco, e coas seguintes bases:
1º. Cada concursante poderá presentar un máximo de dous pratos ao certame, sendo o ingrediente base a filloa da pedra. Cada preparación culinaria deberá ir acompañada da correspondente receita que indique o seu nome, o/a autor/a ou autores/as, os ingredientes, as cantidades e o método de elaboración.
A valoración que outorgue o xurado basearase no arrecendo, no sabor do prato, na presentación e na orixinalidade da combinación dos ingredientes.
2º. Os/As participantes neste certame inscribiranse antes das 14 horas do venres 30 de marzo de 2012 na Axencia de Desenvolvemento Local ou no teléfono 981 886 777. As bases deste certame pódense recoller na oficina da citada axencia en horario de 9 a 14 horas, ou na páxina web do Concello da Baña.
3º. A inscrición será de balde, e no momento de facela asignaráselle a cada participante un número identificativo que figurará xunto ao prato dende o inicio do concurso, co fin de facilitar deste xeito o anonimato. Ao remate da valoración dos pratos por parte do xurado, cada participante poderá recoller o material utilizado.
4º. Dende o momento da presentación dos pratos ao certame, os dereitos sobre as receitas presentadas e as fotos que se lles fagan aos pratos pasarán a ser propiedade do Concello da Baña.
5º. O prazo para presentar os pratos ao concurso rematará ás 13 horas do domingo 01 de abril, e o lugar para presentalos será no stand do Concello da Baña, no pavillón municipal.
6º. Recórdaselles aos/ás participantes que deberán seguir unhas normas mínimas de hixiene alimentaria durante todo o proceso de elaboración ou transporte dos alimentos.
7º. Se a calidade dos pratos así o suxire, poderase declarar deserto o premio do certame ou conceder os accésits que se coiden oportunos. O Xurado terá plenos poderes para decidir sobre calquera dúbida ou incidencia que xurda durante o certame. As decisións do Xurado son inapelables.
8º. Outorgaranse dous premios, ao mellor sabor e á mellor presentación, que consistirán nunha cesta de produtos de alimentación valorada en 300 € e un diploma acreditativo do premio. Así mesmo, haberá unha mención especial ao prato máis orixinal, o gañador do cal recibirá como premio unha cea. A todos os concursantes se lles fará entrega dun diploma en agradecemento pola súa participación. Os premios entregaranse o mesmo día 01 de abril, ás 17:00 horas, no transcurso da IX Festa da Filloa da Pedra (pavillón municipal).
9º. A presentación ao certame implica a aceptación destas bases.
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 982
A Escola Municipal de Música da Baña abrirá as súas portas a toda a cidadanía e especialmente ao alumnado que cursa primeiro de grao elemental e iniciación á música para que se familiarice coas disciplinas musicais que se imparten na Escola.
Data: 26 de novembro de 2011
Hora: 12.00 h
Lugar: escola de música
O profesorado da Escola ensinaralle ao alumnado como se toca o instrumento da súa especialidade.
Ficheiros:
Xornada_de_Portas_Abertas_da_Escola_Municipal_de_Musica_da_Bana.pdf
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 922
O Festival de Nadal da Escola Municipal de Música terá lugar o próximo sábado, 17 de decembro, ás 18.00 h nas escolas vellas da Baña.
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1050
ANÍMATE NA BAÑA
DINAMIZACIÓN DE ADULTOS 2011
DATA DE INICIO 27 DE SETEMBRO
HORARIO DAS ACTIVIDADES | |||||
MARTES | MÉRCORES | XOVES | VENRES | ||
HORA |
16:15 - 17:45 | O BARRO | SAN CIBRÁN | A RIBA | BARCALA |
18:00 - 19:30 | MARCELLE | SAN MAMEDE | SUEVOS |
As actividades que se realizarán este novo curso son:
- educación viaria
- taller de memoria
- taller de lectura e biblioteca itinerante
- coloquio sobre alimentación e nutrición
- manualidades
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN:
- Concellaría de Cultura do Concello da Baña en horario de 9:00 a 14:00 h no teléfono 981 886 501, ext.4
- Centro Social e da Terceira Idade en horario de 17:00 a 20:00 h no teléfono 607 574 960
NOTA IMPORTANTE:AS PARROQUIAS QUE NO ANTERIOR CURSO NON FORMARAN GRUPO E ESTEAN INTERESADAS EN TER ACTIVIDADES, DEBEN COMUNICALO NO CONCELLO, NO DEPARTAMENTO DE CULTURA
Ficheiros: