- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 883
A Escola Municipal de Música comeza o curso 2011-12. Todas as persoas interesadas poden matricularse nas oficinas municipais en horario de 10.00 a 14.00 h.
A reunión para formalizar os horarios do novo curso será o venres, 23 de setembro ás 20.30 h.
Ficheiros:
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 910
A Concellaría de Xuventude e Deportes do Concello da Baña comunícalles a todos/as os/as usuarios/as da Escola de Música que quedará aberto o prazo para pagar as taxas pola prestación de servizos docentes na Escola Municipal de Música a partir da segunda semana do mes de febreiro.
As cotas que hai que pagar son as seguintes:
Curso de iniciación á música (de 3 a 7 anos) 10 €/mes
1.º, 2.º, 3.º e 4.º de grao elemental 20 €/mes
Instrumento 20 €/mes
Cursos de preparación para acceder a grao medio 20 €/mes
Estes prezos redúcense un 50% para o segundo membro e seguintes da unidade familiar.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 992
Non te acordas de onde deixaches as cousas?
Non es capaz de ler algo sen perderse?
Chegas a un cuarto e non sabes a que vas?
ALGO PASA COA TÚA MEMORIA!!!
Se tes menos de 110 anos, pasa un momento divertido á vez que adestras a túa memoria na aula de informática.
Chama ao teléfono 981 886 669 ou visita a aula de informática, de martes a xoves de 16.30 h ou os sábados de 10.00 h a 14.00 h.
Faremos grupos por idades.
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 918
A Exposición Elas Sempre están, que organiza a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade, mostrará a situación das mulleres no rural galego.
Data exposición: Do 1 ao 15 de xuño
Lugar: Casa da Cultura da Baña
Horario: De 17:00 a 20:00 horas de luns a venres
- Detalles
- Escrito por Super Usuario
- Categoría: Cultura e educación
- Visitas: 1039
O carteiro real visitou a casa do concello para deixar unha caixa do correo co fin de que os/as nenos/as do concello poidan depositar as súas cartas.
Entre todas as cartas recibidas, sortearanse nove libros o día 11 de xaneiro ás 10.00 h no salón de sesións do concello segundo as bases que se xuntan.
O Servizo de Normalización Lingüística redactou un modelo de carta para axudar os/as máis pequenos/as a escribirlles aos Reis Magos.