- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Turismo
- Visitas: 1679
“Facer filloas sobre pedras de granito é unha tradición que se mantén na Baña, no Val de Barcala, nalgunhas zonas do Val da Ulla e en moi poucas lugares máis de Galicia”, dixo o pregoeiro da XVII Festa da Filloa da Pedra da Baña, Ramón Castro, quen destacou que esta tradición que pasa de xeración en xeración dende hai séculos “chegou a nós como un tesouro que temos que coidar, mimar, manter e transmitir aos máis novos”. Ramón Castro resaltou que a “filloa é o gran símbolo de algo m que vai máis aló dunha festa gastronómica. É unha festa da nosa cultura, un xeito tan noso de ser e vivir”.
E esta mañá os máis de cincuenta voluntarios e voluntarias da Asociación Filloas da Pedra deron fe de que na Baña esta tradición ten continuidade. Alí, xunto a Arita Pais, a filloeira de máis idade, estaba Aldara Grille Tomé, de 10 anos, que o ano pasado se converteu na máis nova en colaborar coa asociación e que xa ten relevo nalgunha das súas amigas que para o ano se quere sumar ao voluntariado filloeiro.
Entre todos estiveron atendendo as preto de 40 pedras de gratino –algunha con máis de 200 anos de antigüidade– sobre as que foron caendo os 2.000 litros de amoado feito a base de auga, fariña do pais, ovos e sal. Con todo este produto de primeira calidade e o bo facer das filloeiras e algún filloeiro puidéronse ofrecer unhas 10.000 filloas cadradas, de case medio metro de lado, que degustaron os centos de persoas que esta mañá se achegaron ata a Baña.
No polideportivo de San Vicenzo, ademais das pedras e das filloas, o outro protagonista foi o chef José Manuel Mallón, colaborador incondicional da Asociación Filloas da Pedra, e un dos impulsores da introdución da filloa da pedra na gastronomía moderna. Aínda que hoxe apostou por manter a tradición. Eso sí, dende unha food truck (camión restaurante) de 8 metros de longo que, ao lado das filloeiras, foi o lugar dende o que se despachaban as filloas da pedra acompañadas por 125 lacón e 100 caixas de grelos, 300 chourizos, 100 kg de patacas e 50 kg de orella de porco ou mel, nata, chocolate, marmelada e queixo. Unha oferta que serviu para saciar os padais máis esixentes.
A oferta de ocio completouse con varios expositores nos que os visitantes podían adquirir produtos de artesanía e alimentación, e tamén as camisetas, sudadeiras ou rifas coas que que o alumnado de 4º da ESO do CPI San Vicente está a recaudar fondos para a excursión de fin de curso que queren facer en abril a Barcelona.
Un taller de creación de xardíns verticais ou o taller de estampación de camisetas que pola tarde dirixiu Silvia Capelo, xunto con actividades para a cativada completaron a oferta dunha festa na que non faltou a boa música. Os Campantes da Baña, pola mañá, e a Charanba BB+, na sobremesa, deron paso a verbena amenizada pola orquestra Finisterre, que puxo o broche de ouro a unha festa organizada pola Asociación Filloas da Pedra da Baña en colaboración co Concello.
Obradoiro de emprego Xóvenes 2019
Os oito alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego 2019 estiveron esta mañá impartindo un taller de xardín verticais e amosando o traballo que están a desenvolver na Baña. Na finca municipal teñen un invernadoiro e un xardín de horta ecolóxica comestible, que visitaron algúns dos asistentes a festa da filloa. A mestra Carmen Freire e a directora Alicia Blanco acompañaron ao alumnado durante as explicacións.
Album de fotos no Facebook do Concello da Baña (neste enlace).
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Turismo
- Visitas: 1938
As saborosas filloas da pedra da Baña, que hoxe estiveron acompañadas polas filloas de Muimenta, fixo que dende primeiras horas da tarde moitas persoas se achegasen ata o polideportivo de San Vicenzo, donde a música galega animaou aínda máis o ambiente na foliada filloeira, o primeiro día co que A Baña celebra a XVII Festa da Filloa da Pedra.
Asociación Filloas da Pedra da Baña ten xa todo preparado para celebrar mañá o día grande. Máis de medio cento de persoas e preto de 2.000 litros de amoado e preto de corenta pedras para que ninguén pase ganas de filloas mañá, día grande desta exaltación gastronomica. Hoxe estiveron traballando a reo toda a tarde, para satisfacer os padais das cento de persoas que se achegaron ata o polideportivo. E para agradecer a presenza das filloeiras de Muimenta, as da Baña tamén estarán na festa da localidade lucense o vindeiro 1 de maio.
Durante toda a tarde, ademais do produto estrela esta fin de semana na Baña, os asistentes estiveron gozando coa boa música das agrupacións folclóricas Sarillo de Aiazo, Os Sentenarios, Mestura Folk, a Escola de Gaita e as Pandeireteiras da Baña. Foron moitos os que se animaron a bailar algunha das pezas.
Ata o alumnado de 4º da ESO do CPI San Vicente montou hoxe xa a súa mesa para vender camisetas coas que queren recaudar fondos para a excursión de fin de curso que queren facer en abril a Barcelona.
Mañá, día grande da festa, o polideportivo abrirá ás 10.00 horas. Alí estarán xa preto de corenta pedras atendidas polas voluntarias e voluntarios da Asociación Filloas da Pedra para satisfacer os padais más esixentes. Durante todo o día poderanse degustar filloas, soas ou acompañadas de lacón con grelos, chourizo, orella de porco, queixo, nata, mel ou chocolate.
O programa festivo inclúe, ás 11.30 horas, un obradoiro de construción de horta ecolóxica en bancais, que impartirán os participantes no obradoiro de emprego Xóvenes2019. A música matinal correrá a cargo dos Campantes da Baña (12.30 horas), antes de que o director do programa radiofónico ‘+d1 Compostela’, de Onda Cero, Ramón Castro, pronuncie o pregón.
Ás 15.30 horas, a Charanga BB+ animará a bailar aos asistentes e, ás 16.30, Silvia Capelo impartirá un taller de estampación e creación de camisetas. A verbena coa orquestra Finisterre, dende as 18.00 horas, poñerá o broche de ouro a esta festa.
A Asociación Filloas da Pedra da Baña, que conta coa colaboración do Concello, ten programadas diferentes actividades para que todos os asistentes poidan gozar dunha xornada festiva. Tirolina, rocódromo e outros divertimentos. Postos de artesanía e gastronomía e os polbeiros tampouco faltarán a esta cita.
Feira de cans de caza
E de forma paralela á Festa da Filloa da Pedra, a Baña volve recuperar a tradicional Feira de Cans de Caza, que este ano completou as 160 prazas dispoñibles. O recinto feiral, que estará situado na finca municipal detrás do CPI San Vicente, abrirá ás 08.00 horas, aínda que a feira celebrarse entre as 10.00 e as 13.00 horas.
Haberá premios para os mellores exemplares de caza maior, caza menor, pluma, mellor manda de cans e mellor camada de cachorros, así como un premio especial ao mellor can da feira. Os premios entregaranse ás 13.30 horas.Organizada polo Concello da Baña en colaboración coa Asociación Deportiva de Cazadores San Can e a Federación Galega de Caza, os amantes deste deporte poderán gozar na feira co simulador de tiro da federación.
Suspendidas as actividades no polideportivo de San Vicenzo do 12 ao 18 pola Festa da Filloa da Pedra
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Turismo
- Visitas: 1385
A celebración da XVII Festa da Filloa da Pedra da Baña, o vindeiro día 16 de febreiro, coa foliada filloeira o sábado 15, vai provocar cambios nos horarios de uso do polideportivo de San Vicenzo.
Todas as actividades que habitualmente se realizan no pavillón (escolas deportivas, adestramentos de equipos de fútbol, etc) quedan suspendidas dende o mércores, día 12, ata o martes, día 18 de febreiro, ambos os dous incluídos, para facilitar os preparativos, celebración e recollida de todo o material necesario para a organización da Festa da Filloa da Pedra.
Dende o Concello pídense disculpas á veciñanza e lamentan as molestias que esta medida poida ocasionar.
Agardámosvos a todos os días 15 e 16 de febreiro na XVII Festa da Filloa da Pedra da Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Turismo
- Visitas: 1836
-
No polideportivo de San Vicenzo pódense degustar pola tarde as filloas da Baña coas de Muimenta e gozar de boa música galega partir das 16.30 horas
-
A Asociación Filloas da Pedra da Baña mobiliza a medio cento de persoas para a exaltación gastronómica
-
O domingo, dende as 10.00, ofreceranse filloas da pedra con lacón con grelos, chourizo, orellas, mel e nata, entre outros
-
Este ano recupérase a Feira de Cans de Caza, que comeza o domingo ás 10.00 horas
A Asociación Filloas da Pedra da Baña ten xa todo preparado para comezar a XVII edición desta exaltación gastronómica que, este ano, compartirá protagonismo mañá coas filloas de Muimenta e, o domingo, coa feira de cans de caza. Os amantes das filloas pódense achegar ata o polideportivo de San Vicenzo a partir das 16.30 horas do sábado para degustar as filloas da pedra da Baña e as da localidade lucense, e para gozar coa música galega na Foliada Filloeira.
Durante toda a tarde, ademais do produto estrela esta fin de semana, os participantes poderán gozar coas actuacións das agrupacións folclóricas Sarillo de Aiazo, Os Sentenarios, Mestura Folk, a Escola de Gaita e as Pandeireteiras da Baña.
O domingo, día grande da festa, o polideportivo abrirá ás 10.00 horas. Alí estarán xa preto de corenta pedras atendidas polas voluntarias e voluntarios da Asociación Filloas da Pedra para satisfacer os padais más esixentes. Durante todo o día poderanse degustar filloas, soas ou acompañadas de lacón con grelos, chourizo, orella de porco, queixo, nata, mel ou chocolate.
O programa festivo inclúe, ás 11.30 horas do domingo, un obradoiro de construción de horta ecolóxica en bancais, que impartirán os participantes no obradoiro de emprego Xóvenes2019. A música matinal correrá a cargo dos Campantes da Baña (12.30 horas), antes de que o director do programa radiofónico ‘+d1 Compostela’, de Onda Cero, Ramón Castro, pronuncie o pregón.
Ás 15.30 horas, a Charanga BB+ animará a bailar aos asistentes e, ás 16.30, Silvia Capelo impartirá un taller de estampación e creación de camisetas. A verbena coa orquestra Finisterre, dende as 18.00 horas, poñerá o broche de ouro a esta festa.
A Asociación Filloas da Pedra da Baña, que conta coa colaboración do Concello, ten programadas diferentes actividades para que todos os asistentes poidan gozar dunha xornada festiva. Tirolina, rocódromo e outros divertimentos. Postos de artesanía e gastronomía e os polbeiros tampouco faltarán a esta cita.
Feira de cans de caza
E de forma paralela á Festa da Filloa da Pedra, a Baña volve recuperar a tradicional Feira de Cans de Caza, que este ano completou as 160 prazas dispoñibles. O recinto feiral, que estará situado na finca municipal detrás do CPI San Vicente, abrirá ás 08.00 horas, aínda que a feira celebrarse entre as 10.00 e as 13.00 horas.
Haberá premios para os mellores exemplares de caza maior, caza menor, pluma, mellor manda de cans e mellor camada de cachorros, así como un premio especial ao mellor can da feira. Os premios entregaranse ás 13.30 horas.
Organizada polo Concello da Baña en colaboración coa Asociación Deportiva de Cazadores San Can e a Federación Galega de Caza, os amantes deste deporte poderán gozar na feira co simulador de tiro da federación.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Turismo
- Visitas: 2215
A XVII Festa da Filloa da Pedra da Baña celebrarase na fin de semana do 15 e 16 de febreiro, cun completo programa de actos que inclúe música, xogos, talleres e postos de venda de artesanía e gastronomía. O pregoeiro desta edición da afamada exaltación gastronómica será o xornalista Ramón Castro Gundín, director do programa radiofónico Más de uno Compostela en Onda Cero.
A celebración dará comezo o sábado 15 de febreiro cunha Foliada filloeira a partir das catro e media da tarde. O domingo, o pavillón municipal abrirá as súas portas ás dez da mañá para recibir aos centos de visitantes que cada ano se achegan á Baña a degustar as filloas, preparadas nas máis de corenta pedras dispostas para a ocasión. A nota musical poñerana Os Campantes da Baña, que actuarán ás 12.30 h; a charanga BB+, que se ocupará de animar a sobremesa ás 15.30 h; e a orquestra Finisterre, que animará a festa a partir das 18.00 h.
O Concello, en colaboración coa Asociación de Filloas da Pedra da Baña, preparou un programa que inclúe tamén a celebración de talleres, como o de estampación e creación de camisetas a cargo de Silvia Capelo. Non faltarán os xogos para a cativada como a tirolina, rocódromo e outros divertimentos. Os asistentes poderán tamén facer as súas compras nos postos de artesanía e gastronomía.
A filloa da pedra, protagonista indiscutible da festa, poderase degustar soa ou con diferentes acompañamentos, tanto salgados coma doces. Ademais, haberá outros produtos a disposición do público, como lacón con grelos, chourizo, orella ou polbo.