- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Xuventude
- Visitas: 688
14 de agosto
Publícase o decreto de aprobación da listaxe definitiva de rapazas e rapaces admitidos no campamento xuvenil Virxede Loreto de Porto do Son, organizado polo Concello da Baña.
A listaxe definitiva pode descargarse nesta ligazón ou no arquivo adxunto.
3 de agosto
Faise pública a listaxe de rapazas e rapaces admitidos no campamento xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son), organizado polo Concello da Baña. Dende hoxe, 3 de agosto, establécese un prazo de dez días naturais para a presentación de posibles reclamacións a través do rexistro xeral do Concello ou da sede electrónica municipal.
A listaxe provisional de rapazas e rapaces admitidos pode descargarse nesta ligazón ou no arquivo adxunto.
21 de xullo
Este venres, 21 de xullo, ábrese o prazo de inscrición para o Campamento Xuvenil de verán que organiza o Concello da Baña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Xuventude
- Visitas: 1044
-
Deberán adquirir a tarxeta Xente Nova nunha oficina de Abanca
-
A medida entra en vigor o vindeiro venres 21 de maio
As persoas menores de 21 anos poderán utilizar de forma gratuíta o transporte público en Galicia desde o vindeiro venres 21 de maio. Para iso, deben dispoñer dunha tarxeta Xente Nova que poderán adquirir en calquera das oficinas de Abanca ubicadas nas catro provincias galegas e que lles permitirá realizar ata sesenta viaxes interurbanas de balde ao mes.
A Xunta estende así os beneficios dun dispositivo que ata o de agora podía empregarse só nas áreas de transporte metropolitano, na provincia de Ourense e en trece concellos da área de Pontevedra. A tarxeta serve para viaxar de balde tanto no autobús, como no barco da ría de Vigo e no ferrocarril de vía estreita da zona de Ferrol.
Unha vez adquirida a tarxeta, a mocidade pode comezar a utilizala cargándoa cun saldo inicial co que se abonarán as viaxes. O importe seralles reintegrado logo no mesmo dispositivo. A web www.bus.gal permite consultar toda a información sobre o dispositivo e as súas vantaxas, o listado das sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Xuventude
- Visitas: 2263
-
Tres representantes da asociación e a concelleira de Cultura estiveron esta mañá facendo filloas acompañadas pola música dos Faíscas da Pontraga
-
De 19.00 a 21.30 continuarán ofrecendo filloas para degustar cos petiscos dos diferentes postos do mercado compostelán
-
Mañá acudirán ao programa ‘Luar’ da TVG para difundir a festa que se vai celebrar o 16 de febreiro, con foliada filloeira o sábado día 15
Filloas da pedra da Baña con mel, chourizo e rixóns, ou acompañadas dos diferentes petiscos dos postos do mercado gastronómico La Galiciana de Santiago. Deste xeito está a promocionar hoxe en Compostela a Asociación Filloas da Pedra a festa gastronómica que se vai celebrar a vindeira fin de semana na capital da Baña. Os actos festivos comezarán o sábado, día 15, coa Foliada Filloeira dende as 16.30 horas e durante a cal, ademais de boa música, poderán degustarse filloas da pedra da Baña e filloas de Muimenta.
O día grande da XVII Festa da Filloa da Pedra da Baña celebrarase o domingo 16, dende as dez da mañá. Unha exaltación gastronómica que a Asociación Filloas da Pedra da Baña e a Concellaría de Cultura promocionan hoxe no mercado gastronómico compostelán La Galiciana.
Arita Pais, Lola Landeira, Mónica Tomé –representantes da Asociación– e Mónica González, concelleira de Cultura, estiveron pola mañá facendo filloas para que as puidesen degustar as persoas que acudiron ata La Galiciana. A promoción continuará esta tarde, de 19.00 a 21.30 horas, con degustación de filloas da pedra e dos diferentes petiscos que os postos gastronómicos presentes na Galiciana ofrecerán aos asistentes.
Ademais, a Asociación Filloas da Pedra estará mañá venres no programa ‘Luar’ da TVG para dar a coñecer esta festa en toda Galicia. A intención é que o vindeiro domingo, 16 de febreiro, milleiros de persoas participen na Baña nesta exaltación gastronómica.
Programa do día 16
O programa da XVII Festa da Filloa da Pedra comezará o domingo, ás 10.00 horas, coa apertura do recinto. Ás 11.30 haberá un obradoiro de construción de horta ecolóxica en bancais, que impartirán os participantes no obradoiro de emprego Xóvenes2019. A música matinal correrá a cargo dos Campantes da Baña (12.30 horas), antes de que o director do programa radiofónico ‘+d1 Compostela’, de Onda Cero, Ramón Castro, pronuncie o pregón.
Para xantar, os asistentes poderán degustar filloas da pedra da Baña con lacón con grelos, chourizo, orella, e filloas doces para a sobremesa. Ás 15.30 horas, a Charanga BB+ animará a bailar aos asistentes e, ás 16.30, Silvia Capelo impartirá un taller de estampación e creación de camisetas. A verbena coa orquestra Finisterre, dende as 18.00 horas, permitirá continuar a festa.
A Asociación Filloas da Pedra da Baña, que conta coa colaboración do Concello, ten programadas diferentes actividades para que todos os asistentes poidan gozar dunha xornada festiva. Tirolina, rocódromo e outros divertimentos. Postos de artesanía e gastronomía e os polbeiros tampouco faltarán a esta cita.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Xuventude
- Visitas: 2122
O Concello da Baña ofrece un total de 45 prazas para participar no Campamento de Verán 2020, unha actividade lúdico-deportiva dirixida á infancia que facilita a conciliación familiar e laboral durante as vacacións estivais. De feito, aquelas familias que acrediten a necesidade de conciliación terán preferencia para obter praza, ao igual que aqueles nenos e nenas que estean empadroados na Baña. A ficha de inscrición pódese descargar no documento adxunto.
Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse as actividades na área recreativa de Chans e no centro social e da terceira idade, dirixidas a nenos e nenas a partir de 4 anos ou que os vaian cumprir neste ano 2020. O horario vai das 8.30 ás 14.30 horas, de luns a venres. O custe do campamento é de 40 €/mes por neno/a e de 30 €/mes por irmán/a, no caso de estaren empadroados na Baña; no resto de casos o custo ascende a 60 €/mes por neno/a.
O prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2020 abre o vindeiro xoves, 25 de xuño, e ata o luns 29 de xuño. A ficha de inscrición pódese descargar no arquivo adxunto para cubrir, e formalizala despois na Concellaría de Cultura.
Canto á cota, cómpre entregar no Concello os xustificantes bancarios do pagamento nas seguintes contas bancarias:
- Abanca: ES92 2080 0326 1731 1000 0035
- Santander-Banco Pastor: ES26 0238 8191 8806 6000 1061
O Campamento de Verán 2020 está organizado polo Concello da Baña e co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.
- Detalles
- Escrito por Alicentis
- Categoría: Xuventude
- Visitas: 1547
O vindeiro venres, 31 de xaneiro, inaugúrase na casa da cultura da Baña a mostra Á violencia de xénero… dille NON!, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta que ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade.
Trátase dunha exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar aos adolescentes a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. Once paneis, de 70 x 100 centímetros, amosan condutas tóxicas como o control, a manipulación, o abuso, a “sextorsión”, a chantaxe emocional e outras formas de maltrato.
Á violencia de xénero… dille NON! inscríbese no conxunto de actuacións que está impulsando a Xunta de Galicia nos 78 concellos adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. Poderá visitarse ata o xoves 13 de febreiro na casa da cultura da Baña de luns a venres, en horario de 9.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.