O Concello da Baña ofrece un total de 45 prazas para participar no Campamento de Verán 2020, unha actividade lúdico-deportiva dirixida á infancia que facilita a conciliación familiar e laboral durante as vacacións estivais. De feito, aquelas familias que acrediten a necesidade de conciliación terán preferencia para obter praza, ao igual que aqueles nenos e nenas que estean empadroados na Baña. A ficha de inscrición pódese descargar no documento adxunto.
Durante os meses de xullo e agosto desenvolveranse as actividades na área recreativa de Chans e no centro social e da terceira idade, dirixidas a nenos e nenas a partir de 4 anos ou que os vaian cumprir neste ano 2020. O horario vai das 8.30 ás 14.30 horas, de luns a venres. O custe do campamento é de 40 €/mes por neno/a e de 30 €/mes por irmán/a, no caso de estaren empadroados na Baña; no resto de casos o custo ascende a 60 €/mes por neno/a.
O prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2020 abre o vindeiro xoves, 25 de xuño, e ata o luns 29 de xuño. A ficha de inscrición pódese descargar no arquivo adxunto para cubrir, e formalizala despois na Concellaría de Cultura.
Canto á cota, cómpre entregar no Concello os xustificantes bancarios do pagamento nas seguintes contas bancarias:
- Abanca: ES92 2080 0326 1731 1000 0035
- Santander-Banco Pastor: ES26 0238 8191 8806 6000 1061
O Campamento de Verán 2020 está organizado polo Concello da Baña e co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.