27 de febreiro de 2024

Faise pública a resolución da alcaldía pola que se procede á contratación dunha traballadora social, integrante da bolsa de emprego que se realizou para cubrir ese posto mediante proceso selectivo. 

A resolución pódese consultar en documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

10 de novembro de 2023

Faise pública a data do exame da fase de oposición para o proceso selectivo destinado á conformación dunha bolsa de emprego destinada a cubrir unha praza de traballadora social no Concello da Baña.

O exame celebrarase o día 16 de novembro de 2023, a partir das 09.30 horas, na Escola municipal de música Emilio Andújar.

O anuncio do tribunal cualificador pódese comprobar no documento adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

27 de outubro de 2023

Publícase a resolución da alcaldía coa aprobación da lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e do nomeamento do tribunal para o proceso selectivo destinado á conformación dunha bolsa de emprego destinada a cubrir unha praza de traballadora social no Concello da Baña. 

A listaxe pode consultarse en documento adxunto e premendo nesta ligazón

 

4 de outubro de 2023

Publícase a resolución da alcaldía coa aprobación da lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos do proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego destinada a cubrir unh apraza de traballadora social no Concello da Baña. 

A listaxe pode consultarse en documento adxunto e premendo nesta ligazón.

13 de setembro de 2023

O Concello da Baña publica as bases da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego destinada a cubrir as baixas, permisos e outros supostos de ausencia da titular da praza de traballadora social polo sistema de concurso-oposición. 

As bases da convocatoria, publicadas no BOP, pódense consultar no documento adxunto.