24 de xuño de 2024

Publícase o decreto coa proposta de contratación das persoas integrantes da brigada de prevención contra os incendios forestais do Concello da Baña para o ano 2024: un/ha xefe/a de brigada, un/ha peón/a condutor/a e tres peóns/as de brigada. Así mesmo, apróbase e publícase a listaxe de persoas coas que se formará unha bolsa de traballo para cubrir as vacantes que eventualmente puideran xurdir, ou para atender necesidades de emerxencia e imprevistos en xeral.

O decreto pode consultarse en arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

21 de xuño de 2024

Faise pública a resolución da Alcaldía coa listaxe definitiva de persoas admitidas para participar no proceso de actualización das bolsas de traballo temporal para as prazas de xefe/a de brigada, peón/peoa condutor/a e peóns/peoas de brigada de incendios ao abeiro do convenio entre a Consellería de Medio Rural e o Concello da Baña para a prevención e defensa de incendios forestais no ano 2024.

Así mesmo, dase a coñecer a composición do tribunal e a convocatoria dos exames para o luns 24 de xuño: proba práctica ás 9.00 horas na nave municipal (rúa Tedelle, s/n), entrevista persoal ás 10.30 horas no salón de plenos do Concello, 12.00 horas para a proba física de aptitude na nave municipal e 14.00 horas para o exame de galego no salón de plenos do Concello. 

A resolución pode consultarse en arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

13 de xuño de 2024

Publícanse no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras e convocatoria do proceso selectivo para novas inclusións e actualización de méritos na bolsa para a provisión temporal de contratación dunha brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais do Concello da Baña.

Esta convocatoria de ampliación e actualización da bolsa de emprego terá por obxecto a contratación como persoal laboral temporal dunha brigada de 5 operarios (1 xefe de brigada; 1 peón condutor; 3 peóns de brigada) e a creación dunha bolsa de emprego de entre as persoas aspirantes que cumpran os requisitos establecidos nas bases para a súa provisión con carácter temporal.

O proceso selectivo é o concurso oposición e o prazo de presentación de instancias ou de actualización de méritos é de cinco días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

As bases e convocatoria poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.