7 de outubro de 2025
Fanse públicos os resultados definitivos das persoas candidatas á praza de docente de viveiros, xardíns e centros de xardinería do programa de emprego e garantía xuvenil 2024.
Os resultados poden consultarse na seguinte ligazón:
1 de outubro de 2025
Xa poden consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica os resultados da proba escrita e os resultados definitivos das persoas que se presentaron candidatas a director/a, titor/a e docente de xardinería do programa de emprego Xuvenil 2024.
Estes resultados poden consultarse nas seguintes ligazóns:
- Proba escrita director/a
- Proba escrita titor/a
- Definitivos director/a
- Totais definitivos director/a
- Definitivos titor/a
- Totais definitivos titor/a
- Definitivos docente de xardinería
27 de setembro de 2024
Fanse públicos os resultados totais definitivos das persoas candidatas a formar parte do alumnado-traballador do programa de emprego Xuvenil 2024, así como os resultados totais definitivos das persoas candidatas a ocupar o posto de director/a.
Estes resultados poden consultarse nas seguintes ligazóns:
27 de setembro de 2024
Fanse públicos os resultados das probas escritas de galego das persoas candidatas a ocupar as prazas de docente do módulo de xardinaría e docente do módulo de montes no programa de emprego Xuvenil 2024.
Estes resultados poden consultarse nas seguintes ligazóns:
27 de setembro de 2024
Fanse públicos os resultados da proba escrita das persoas candidatas a ocupar a praza de titor/a do programa de emprego Xuvenil 2024.
Estes resultados poden consultarse nas seguintes ligazóns:
25 de setembro de 2024
Fanse públicos os resultados totais provisionais das persoas candidatas a formar parte do alumnado do programa de emprego Xuvenil 2024, así como os resultados totais provisonais das persoas candidatas a director/a, titor/a e docentes dos módulos de montes e de xardinaría.
Estes resultados poden consultarse nas seguintes ligazóns:
23 de setembro de 2024
Publícanse na sede electrónica do Concello da Baña os resultados das probas escritas do obradoiro Xuvenil 2024.
Estes resultados poden consultarse nas seguintes ligazóns:
3 de setembro de 2024
Publícase a rectificación das bases de selección do Programa de Emprego de Garantía Xuvenil 'Xuvenil 2024'.
19 de agosto de 2024
O Concello da Baña, en colaboración cos Concellos de Santa Comba, Negreira e Val do Dubra, será beneficiario dunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a execución do Programa de Emprego de Garantía Xuvenil “XUVENIL 2024”. Este programa está dirixido a mozos e mozas maiores de 18 anos, inscritos no sistema de Garantía Xuvenil, e ten como obxectivo ofrecer formación e experiencia laboral a 16 alumnos/as traballadores/as.
O programa contará con dúas especialidades formativas:
- Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes: 10 alumnos/as.
- Actividades Auxiliares en Viveiros, Xardíns e Centros de Xardinaría: 6 alumnos/as.
Duración e proceso de selección
O programa terá unha duración de 12 meses, durante os cales os participantes recibirán formación teórica e práctica nas especialidades mencionadas. A preselección dos alumnos/as traballadores/as será realizada pola Oficina de Emprego de Santiago Norte, seleccionando aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que teñan solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas Taller, Casa de Oficios, Taller de Emprego, ou outros programas de emprego e formación dual.
Prazo de inscrición e requisitos
As persoas interesadas en participar neste programa como alumnado e que aínda non estean inscritas deberán facelo antes do 29 de agosto, rexistrándose nos códigos correspondentes na Oficina de Emprego de Santiago Norte.
A inscrición realizarase de forma presencial, pedindo cita previa, a través do enlace https://emprego.xunta.es/citaprevia
Para máis información, os interesados poden dirixirse ao Servizo de Emprego Local do Concello da Baña.