O Concello da Baña abre o prazo para que artesás, artesáns e produtoras e produtores locais poidan inscribirse e participar cos seus postos na décima edición do Mercado de Nadal da Baña, que se celebrará o domingo 14 de decembro.
Baixo o lema A maxia chega á Baña, este mercado é xa unha cita tradicional no calendario do Nadal bañés. Como cada ano, reunirá postos de artesanía e produtos gastronómicos, ideais para atopar agasallos orixinais e saborear o mellor da nosa terra. Durante toda a xornada haberá tamén animación musical, espectáculos e as imprescindibles visitas dos seres máxicos do Nadal.
As persoas interesadas en participar con posto neste mercado poden contactar co Concello da Baña a través dos teléfonos 981 886 501 ou 682 859 367.
Desde o Concello anímase a todas as persoas artesás, creadoras e produtoras da zona a “achegar a súa maxia” a esta décima edición do Mercado de Nadal.