9 de abril de 2026

Publícase a listaxe provisional de aspirantes para a contratación de persoal temporal, na categoría peón/peoa de obras, para a execución de obras e servizos municipais, ao abeiro do programa PEL Concellos 2026 da Deputación da Coruña.

A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

16 de marzo de 2026

Fanse públicas as bases e a convocatoria do proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para a contratación de dous/dúas peóns/peoas de obra como persoal laboral temporal no Concello da Baña, no marco do programa Deputación da Coruña PEL Concellos 2026.

A convocatoria inclúe tamén a creación dunha bolsa de emprego para esta categoría profesional, destinada á execución de obras e servizos municipais.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).

As persoas interesadas poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello premendo neste enlace.

No arquivo adxunto pode consultarse a información publicada no BOP.