20210831 termalismoRegresa o programa de termalismo para maiores do Imserso con máis de 57.500 prazas convocadas, das que poderán beneficiarse pensionistas e maiores de 65 anos entre os meses de outubro e decembro de 2021. As quendas, que poderán ter unha duración de 10 ou 12 días, realizaranse en réxime de pensión completa. Coa publicación no Boletín Oficial do Estado de hoxe da resolución pola que se convocan as prazas, iníciase o prazo de presentación de solicitudes para participar neste programa, que deberán presentarse antes do 1 de outubro de 2021.

Requisitos das/dos usuarias/os

 

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  • Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
    • Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
    • Situación económica dos solicitantes.
    • Idade dos solicitantes.
    • Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
    • Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
    • Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.

3. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.

4. Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.

Así mesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

Prazas e quendas convocadas:

 

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.

O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021.

Servizos:

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
  • Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento.
  • Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario.
  • Póliza colectiva de seguro turístico.

En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.

Con todo, o transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I indicado na columna final, realizarase desde a localidade máis próxima ao balneario con transporte público ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao finalizar o mesmo.

O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega media por praza de 184,09 euros, oscilando o seu importe entre 144,20 euros e 234,31 euros, en función do tipo de quenda e o seu mes de desenvolvemento. Esta achega farase efectiva directamente polo Imserso ao establecemento termal.

Prazo de presentación:

 

As solicitudes deberán ser presentadas antes do 1 de outubro de 2021. Unha vez admitidas e verificadas as prazas serán adxudicadas, como en anos anteriores; en caso de non ter praza incluirase na orde que corresponda segundo a valoración na “Lista de Espera de Prazas”.

Máis información:

Se desexan ampliar esta información ou tramitar algunha solicitude poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.